"Do 'Ghalegho' ao 'Eu digo...'", dende Ribadeo
Alumnas e alumnos do IES Dionisio Gamallo realizaron un vídeo de resposta ao Ghalegho, no que había unha mención á vila mariñá. Defenden, ao igual que no realizado en Rianxo, as variantes dialectais do galego e, en concreto, as variantes propias da zona de Ribadeo.
Ourense prepárase para a súa semana grande de cine
O Festival de Cine Internacional de Ourense presentou este xoves a súa 19ª edición, na que destaca unha selección de filmes independentes e de temática social e o cinema galego: A Esmorga inaugurará o evento o 15 de novembro e proxectaranse Urxa, Continental e Sempre Xonxa.
Os premios fin de carreira, cousa de mulleres
40 dos 58 premios á excelencia para o alumnado das tres universidades galegas foron para licenciadas, e 18 para os licenciados varóns. Máis do 60% das persoas tituladas son mulleres
"Non se valoran as cooperativas sen ánimo de lucro como forma de autoemprego"
Vén de crearse a Rede SAL, que busca agrupar as cooperativas galegas sen ánimo de lucro. Realizará senllas presentacións este venres en Lalín e o sábado en Redondela, acompañadas de entidades de Cataluña, Euskadi e Madrid. Falamos con Marta Rodríguez, de Cousas da Terra
AGE cre que os 10 millóns destinados a Rozas servirán para construír drons militares
O aeródromo lucense recibirá un investimento de 10 millóns de euros ao abeiro de convenios cos ministerios de Economía e Defensa. A Xunta defende o "uso civil" destes avións non tripulados, que AGE pon en dúbida
A agardada enquisa do CIS pon en cuestión as bases do bipartidismo
Podemos é a primeira forza en intención directa de voto (17,6%), superando a PSOE (14,3%) e PP (11,7%). A estimación de voto realizada polo CIS mantén o PP (27,5%) por diante de PSOE (23,9%) e Podemos (22,5%). Falamos co analista Carlos Neira sobre o novo escenario electoral.
A preocupación pola corrupción disparouse en Galicia dende 2009
A percepción de niveis elevados de prácticas corruptas na política pasou de estar 10 puntos por debaixo da media española a situarse por riba, segundo foron reflectindo os estudos do CIS.
"Carecemos de estudos sobre as causas reais da violencia sobre a muller"
ENTREVISTA Teresa Peramato, Fiscal adscrita á Fiscal da Sala contra a Violencia da Muller, ofrece unha conferencia este mércores en Compostela, e onte fíxoo en Ourense. Vén de publicar o libro Desigualdad por razón de identidad sexual e identidad de género, homofobia e transfobia
A ciencia galega, un tren detido que vai custar arrincar
A pesar das leves subas rexistradas nos dous últimos anos, o investimento en I+D+i nas contas públicas galegas é hoxe un 15,5% inferior ao de 2009. Seis anos perdidos e en regresión.
Os castiñeiros máis altos de Europa, indefensos ante a alta tensión
Crece a oposición ao proxecto de construción dunha liña de alta tensión entre O Irixo e Lalín por Gas Natural Fenosa, que podería obrigar a cortar ata dúas mil árbores, a maioría castiñeiros e moitas deles centenarias, nas fragas de Catasós.
Todo o que se pode facer cun ukelele
Apenino abre este martes na Zona C de Compostela o ciclo de concertos do Ukelele Kit Project. The Winning Numbers, Camarada Nimoy, Linda Guilala, Os Amigos dos Músicos e Ataque Escampe completarán a parte musical dun proxecto cuxa exposición se pode visitar até o 7 de decembro.
Chega o primeiro 'editatón' da Galipedia
A actividade, que se celebrará o sábado 8 de novembro, terá como temática central o Día da Ciencia en Galego. Búscase mellorar os contidos da enciclopedia en liña relacionados coa ciencia e favorecer o contacto entre os membros da comunidade galega da Wikipedia.