EU chama á converxencia: "Cada vez que saímos á rúa atopámonos. O que menos importa son os nomes"
Alberto Garzón, Lara Hernández e Yolanda Díaz participaron este sábado na Coruña no acto central do Encontro para un novo país, un proceso de asembleas abertas co que Esquerda Unida quere favorecer espazos de confluencia electoral
A compostaxe avanza en Pontevedra, Lalín e Allariz
A planta proxectada en Pontevedra conta co apoio de BNG e PP e a opocición do PSdeG. En Lalín, Adega e Concello promoven un programa piloto con cen composteiros. En Allariz lévase a cabo un proxecto integral para a xestión dos residuos orgánicos coa colaboración da UDC
Publicidade en galego: Ti como vendes?
O Consello da Cultura Galega e a Fundación Galicia Empresa celebraron este xoves a xornada A publicidade en galego, co obxectivo de revisar un ámbito da comunicación fundamental para a normalización da lingua
"Pinto d'Herbón representa o triunfo de Rosalía"
A Casa-Museo de Rosalía acolle este sábado un acto titulado “Coroa poética para o Pinto d’Herbón”, no que distintas persoas da cultura e ligadas ao movemento bravú lle renderán homenaxe a este regueifeiro. Falamos con Xurxo Souto, un dos promotores da homenaxe.
Introducir as mulleres nas TIC: Como facelo?
O proxecto europeo ICT-Go-Girls!, dirixido polo CESGA en colaboración coa USC e institucións doutros cinco países, presentou unha guía para axudar os mestres e mestras a orientar as rapazas e facilitar o seu achegamento aos estudos técnicos e científicos.
O novo recorte orzamentario golpea un sector cultural en crise
O orzamento cultural da Xunta acumula un descenso do 60% dende o 2009. Neste tempo o sector perdeu en Galicia ao redor dun terzo dos seus traballadores e traballadoras, nunha crise que afecta a todos os ámbitos, dende o libro ás artes escénicas.
Os apicultores reclaman medidas contra o impacto da avespa asiática, que a Xunta minimiza
Xesús Asorey (AGA) pídelle ao Goberno galego "diálogo" cos afectados e un plan de actuación a curto e longo e prazo contra esta especie invasora, que o verán que vén podería incrementar a súa incidencia.
"A BD galega segue en alza, e o que se albisca no horizonte é aínda máis prometedor"
Falamos con Henrique Torreiro, que hai uns días recibiu o Premio Ourense de BD, que en boa medida recoñeceu a todas as persoas que hai máis de vinte anos botaron a andar as Xornadas de Banda Deseñada de Ourense
"A elección de Aécio Neves suporía a hexemonía do capital financeiro no Brasil"
Falamos con Zé Roberto da Silva, membro da Direção Nacional do Movimento dos Trabalhadores Rurais Sem Terra, que participará esta semana en Mondoñedo no X Encontro Europeo de Comités de Apoio ao MST.
"É unha desgraza que unha persoa que quere cantar marche a unha orquestra"
Davide Salvado é un dos tres artistas galegos (xunto con Uxía e Germán Díaz) seleccionados para actuar no Womex, que comeza este mércores en Compostela. Estará na Praza da Quintana o sábado pola noite.
15/15\15, unha revista para unha revolución
Vén de lanzarse un número 0 e unha campaña de financiamento colectivo para esta publicación (online e impresa) centrada nas iniciativas de decrecemento e preocupadas polo esgotamento dos recursos materiais e enerxéticos
O patrimonio inmaterial galego-portugués persegue de novo o seu recoñecemento polo UNESCO
Unha nova campaña, até novembro de 2015, buscará recoller apoios para que a riqueza cultural inmaterial común de ambas as dúas beiras do Miño obteña este recoñecemento internacional. Santiago Veloso (Ponte nas Ondas) chama á participación de escolas, cidadanía e institución.