"A contratación pública é un gran buraco negro, non hai información sistematizada"
Entrevistamos a Cristina Moreno (Fundación Civio), que este xoves falou no IV Foro sobre Pobreza e Exclusión Social da importancia da transparencia e da participación cidadá para frear a corrupción.
Denuncian que a "política de non substitucións" xera listas de espera en atención primaria
A situación repítese en áreas sanitarias de toda Galicia, pero afecta sobre todo á da Coruña, onde as citas do persoal sanitario de baixa ou días libres son repartidas entre os demais traballadores ou, directamente, adiadas. SOS Sanidade Pública alerta de esperas de varios días para unha consulta
O MGSM pedirá no Parlamento que a saúde mental sexa "prioritaria" na política sanitaria
Presentoulles aos grupos parlamentarios unha proposta de declaración, coincidindo co Día Mundial da Saúde Mental, que demanda "un compromiso real contra o estigma que sofren as persoas afectadas por trastornos psíquicos". Falamos con Miguel Anxo García Álvarez.
"Perdemos moitos anos sen ser quen de vincular o cine galego co seu público natural"
Este martes presentouse o Observatorio Audiovisual de Galicia, co obxectivo de analizar a política audiovisual e de servir de foro de debate do sector e de interlocutor ante a administración. Falamos con Marcos Nine, un dos seus impulsores
Profesionais, pacientes e familiares reclaman "atención integral" para a saúde mental
O Movemento Galego da Saúde Mental e a Federación de Asociacións de Familiares e Persoas con Enfermidade Mental (FEAFES) reivindican a "plena atención sanitaria e social ás persoas afectadas". Falamos co presidente de FEAFES, Xosé Ramón Girón.
"Os datos do IGE son coherentes coa nosa percepción: Os que peor están, están aínda peor"
Falamos con Xosé Cuns, director da Rede Galega de Loita contra a Pobreza (EAPN Galicia), que este xoves e venres organiza o IV Foro sobre Pobreza, Exclusión Social, Terceiro Sector e Voluntariado.
"O futuro escríbese co T de tecnoloxía, é necesario que o idioma estea presente nela"
Compostela acolleu esta fin de semana o primeiro Encontro Ibérico de Tradutores de Software Libre a Linguas Minorizadas, organizado polo Proxecto Trasno, o equipo de tradutores ao galego de software libre. Falamos con Miguel Anxo Bouzada, coordinador do Encontro
SOS Sanidade Pública denuncia que a Xunta "desmantela o sistema sanitario galego"
A plataforma critica a "asfixia económica do sistema sanitario público" e a externalización de servizos e anuncia mobilizacións "para poñerlle freo á privatización".
Touradas: O negocio da morte loita por sobrevivir
O número de espectáculos celebrados en España caeu á metade dende o 2007, pero o número de 'profesionais taurinos' incrementouse nun 35%. O negocio do touro, cada vez máis rexeitado, mantense en base a fortes subvencións.
Unha concesión a unha empresa privada ameaza o futuro dun centro para persoas con discapacidade intelectual
Responsables e persoas usuarias da Asociación Galega San Francisco, ONG pioneira na atención a persoas afectadas por Síndrome de Down, levan semanas mobilizadas paraevitar o seu peche, despois de que a Xunta adxudicase o servizo a unha empresa privada
Seis de cada dez familias seguen chegando "con dificultades" a final de mes
Quen máis problemas atopa para subsistir son os fogares monoparentais, entre os que tres de cada catro se atopan nesta situación. Os indicadores melloran lixeiramente, pero tres de cada dez asumiron novas medidas de aforro, ao tempo que pasan do 7% ao 11% as familias "con moitas dificultades"
A Xunta só ve vantaxes para Galicia no TTIP, contra o que se preparan mobilizacións
O director xeral de Relacións Exteriores da Xunta, Jesús Gamallo, afirma no Parlamento que o Tratado Transatlántico de Comercio supón "unha oportunidade" para moitos sectores. O 11 de outubro están convocadas accións de protesta en toda Europa