Podemos define esta fin de semana o seu instrumento político
O encontro presencial en Madrid servirá para avanzar no debate dos máis de 250 borradores presentados, que se votarán a partir do luns a través dunha plataforma online. Sobre a mesa unha multitude de debates programáticos, estratéxicos e organizativos.
Galicia recibe o Movimento Sem Terra para debater a situación do mundo rural
Mondoñedo acollerá, do 24 ao 26 de outubro, o X Encontro Europeo de Comités de Apoio ao MST. Previamente, este venres en Pontevedra e a semana que vén en Ribadeo, Rosa do Carmo (coordenadora da Secretaria Estadual do MST en Salvador) ofrecerá dúas charlas.
O CNI veta cinco traballadores de Navantia Ferrol por "deslealdade"
O Centro Nacional de Intelixencia rexeita a súa "habilitación", imprescindible para traballar na parte militar do estaleiro, baseándose nun artigo na norma da Autoridade Nacional de Seguridade Delegada. Falamos con Xaquín García Sinde, un dos afectados.
A participación de Podemos nas municipais decidirase tras a asemblea da formación
Esta fin de semana celébrase o encontro presencial da Asemblea Cidadá, que finalizará en novembro, unha vez que os máis de 130 mil afiliados e afiliadas voten as distintas propostas e candidaturas. Falamos cos círculos de Podemos nas cidades galegas
Hai alternativas saudables e sustentables nos comedores escolares
O peche de comedores, a adquisición dos produtos en centrais de compra e a contratación de empresas de catering están empeorando a alimentacións que se ofrece nos centros de ensino. Porén, nalgúns colexios séguese recorrendo á adquisión de produtos frescos, de calidade, locais e de tempada.
Mariñeiros que deixaron marca
Os mariñeiros da Guarda posuían un complexo sistema de marcas identificativas, perdido ao longo do século XX. Falamos con Suso Vázquez, presidente da Asociación de Deseñadores Galegos (DAG), que este sábado organiza unha visita para coñecer este sistema tradicional.
O despoboamento do rural ameaza a protección do patrimonio
Os expertos advirten de que, máis alá da protección que ofrece a lexislación, hai unha falta de recursos para protexer os bens culturais, que na zona rural se une ao abandono provocado polo envellecemento e a perda de poboación.
"Somos creadores, dedicámonos a facer historietas, pero ante a necesidade asumimos o papel de editores"
Vén de nacer O Botafumeiro, unha revista dixital de periodicidade mensual dedicada ao humor gráfico e á banda deseñada. Falamos con Jano, un dos seus responsables.
O Consello da Cultura rexeita o proxecto hoteleiro da Xunta para Monterrei
A Sección de Patrimonio e Bens Culturais da institución difunde un informe que pide "revisar" a actuación nun "proceso de reflexión consensuado cos axentes implicados", entre eles a veciñanza do lugar.
"Os xitanos seguen sendo uns descoñecidos para a inmensa maioría da poboación"
Este luns inaugurouse no Museo Provincial a exposición O pobo xitano en Lugo. Falamos con Manuel Vila López, presidente da Asociación de Promoción e Integración Xitana (APIX) da cidade
Unha RISGA efectiva: Máis fondos, menos atrasos e máis atención ás persoas e menos aos papeis
No marco do IV Foro de Capacitación sobre pobreza, exclusión social, terceiro sector e voluntariado presentouse o informe Por unha RISGA efectiva, realizado a partir de entrevistas con 74 profesionais e beneficiarios e que busca mellorar a aplicación desta renda en Galicia
"Hai que dar a coñecer os protocolos ante o Ébola para non causar un alarmismo innecesario"
No contexto da crise do Ébola, son moitas as voces que critican o peche do Carlos III como hospital de referencia para enfermidades tropicais e o efecto dos recortes na capacidade de resposta do sistema. Falamos con Agustín Montes, profesor de Medicina Preventiva e Saúde Pública na USC