Galicia, en vixilia polo Estatuto e contra a aldraxe
En novembro de 1979 o proxecto do Estatuto de Autonomía foi drasticamente recortado pola UCD no Congreso. Unha vez concedido o autogoberno a Catalunya e Euskadi, Galicia debería ser o tapón e o exemplo para o resto de territorios. A prensa e os partidos de esquerda mobilizáronse contra a discriminación.
"Dende o mar, A Coruña e Vigo son a mesma cidade. Dous pontóns dun mesmo océano"
Xurxo Souto coordina a partir da semana que vén un obradoiro sobre a influencia da cultura do mar sobre a literatura e denuncia que "vivimos como terrícolas cando o mar está aí sempre bourando".
Amnistía Internacional acusa a Xustiza de non ser "imparcial nin efectiva" cos abusos policiais en manifestacións
A organización publicou este xoves un informe no que documenta abusos nas intervencións policiais contra manifestacións pacíficas en España, Grecia e Romanía. A ONG constatou que os métodos policiais "non sempre cumpren as normas internacionais".
"A 'humanización' do capitalismo non foi máis que retórica"
O austríaco Christian Felber é o autor do concepto de Economía do Ben Común, que propón unha nova economía de mercado baseada na cooperación e contraria á competencia e ao afán de lucro, e ao que xa se adheriron un milleiro de empresas e 25 concellos. Participou na primeira xornada da Libre Software World Conference
"Se a economía social evoluciona ao mesmo ritmo que o software libre, veremos un mundo moi diferente"
Alejandro Escobar, presidente de AGASOL (Asociación de Empresas Galegas de Software Libre), salienta na apertura da Libre Software World Conference que "o software non propietario permítelle a pequenas empresas competir no mesmo mercado que as grandes"
Alianza Social Galega: "Puxemos en valor o que nos une, que é moito máis do que nos separa"
CC.OO., CIG e UGT son o motor dunha plataforma que agrupa 60 entidades sociais de todo tipo e que nace como espazo de encontro e acción contra os recortes. Aínda non se fixou un calendario de mobilizacións, pero a folga xeral unitaria do 14 de novembro será a súa primeira pedra de toque. Audios no interior.
"Necesitamos rachar coa troika para reformular o modelo de sociedade"
O deputado de IU Alberto Garzón participou este martes en distintos actos de AGE na Coruña e Ferrol e asistiu ao xuízo do Prestige, no que a coalición está personada como acusación. Garzón, moi vinculado á esquerda social a través de Attac, cre inminente o rescate e afirma que "o 15M é unha reivindicación da política no sentido máis clásico"
"O software libre vai moito máis aló da tecnoloxía. É falar da liberdade do usuario"
Compostela acollerá o 18 e 19 de outubro a Libre Software World Conference, un dos eventos tecnolóxicos máis importantes do mundo.
"O PP conseguiu unha maioría de maneira lexítima pero está exercéndoa de maneira ilexítima"
Joan Coscubiela, voceiro de ICV no Congreso, estivo na Coruña para participar no encontro Alternativas para defensa do ben común, organizado polo Espazo Ecosocialista. Salienta que "por moito que PP e CiU o intentaron, non conseguiron desmobilizar e neutralizar a cidadanía crítica".
Miguel Quinteiro: "Menos mexar enriba de nós e poñernos unha capucha, fixéronnos de todo"
Miguel Quinteiro, o activista vigués detido en Madrid nas protestas do 25S, xa está na rúa. Está en liberdade condicional e ao igual que os outros 30 detidos se lle imputan varios delitos, incluído un de sedición. Denuncia o trato denigrante recibido na comisaría. Audio no interior.
Pemex deixa en evidencia a Xunta e nega que firmase contratos con estaleiros galegos
"Non hai asinado ningún contrato con estaleiros galegos", asegura o director xeral da petroleira mexicana, que aclara que a construción en Barreras e Navantia dos dous buques floteis que prometeu Núñez Feijóo non é segura e que queda a expensas do que decida a empresa estatal logo de consultar varias ofertas.
"A portada de El Jueves é brillante"
Falamos co debuxante e humorista gráfico Kiko da Silva sobre o último número da revista satírica, que xoga coa prohibición de representar a Mahoma, ao fío da polémica xerada pola portada de Charlie Hebdo. Da Silva e a súa Retranca sufriron hai dous anos o boicot da súa imprenta por criticar o Papa Ratzinger nun numero especial co gallo da súa visita a Compostela. Audio no interior.