Denuncian os recortes de fondos para bibliotecas, "máis necesarias ca nunca na crise"
A presidenta de ANABAD-Galicia, Olimpia López, denuncia os recortes de fondos e critica que o novo plan do Gaiás priorice unha incubadora de empresas sobre a Biblioteca e o Arquivo. Agolada manterá aberto o seu centro municipal dous días á semana.
Castelao. Sempre en Moscova?
Xesús Alonso Montero presenta en Vigo Castelao na Unión Soviética en 1938 (Xerais), no que relata a viaxe do político galego á capital da URSS cunha delegación republicana, no contexto da Guerra Civil, e a relativa simpatía que neses anos esperta nel o comunismo
Denuncian o peche da biblioteca municipal de Agolada como medida de "austeridade"
ANABAD-Galicia reclámalle ao Concello "un esforzo para manter aberta a biblioteca", que pechará as súas portas o 1 de xullo.
Arde Lugo: Ascende a Segunda
O partido rematou co mesmo 3-1 da ida e lucenses e gaditanos xogaron o ascenso nos penaltis. Despois de moitos erros dos dous equipos, Manu marcou o definitivo 3-2. O escenario da festa (alén do Arde Lucus) foi a praza de Augas Férreas e a Fonte do Rei, onde os e as lucenses reclamaron que Lugo é unha cidade de prata.
As falsidades de Feijoo sobre Corcoesto
O presidente afirmou publicamente que a mina daría traballo a 1.400 persoas cando o propio proxecto de Edgewater prevé unicamente 271. A empresa extraería ouro durante menos dez anos, realizando fóra o resto de procesos e deixando hipotecado o futuro da comarca.
Entregan 400 sinaturas en Rois contra o cobro do canon da auga aos pozos rurais
O Sindicato Labrego inicia así unha campaña contra a Lei de Augas e a súa aplicación nas traídas veciñais, que se reproducirá en ducias de concellos de Galicia. Esquerda Unida tamén expresa o seu rexeitamento a unha medida que supón "a mercantilización dun ben público universal". Audio no interior.
"O FROB ten a solución na súa man e pódenola dar"
Máis dun cento de persoas concentráronse diante da sede de NGB na Coruña, esixindo que se adopte xa "unha solución política" e que, ao igual que outras entidades, as súas participacións se transformen en depósitos a prazo fixo. Anuncian a creación dunha plataforma na cidade. Audio no interior.
As Letras 2013, para Vidal Bolaño
A Real Academia escolleu o dramaturgo por maioría, polo seu papel "na creación dun público para o teatro galego" e porque "por enriba de todo, foi un extraordinario escritor"
"A dignidade nunca a perderon. A súa dignidade é a indignidade dos seus asasinos"
Boimorto acollerá este domingo a entrega ás súas familias dos restos de tres homes mortos pola represión franquista en 1936. Foron exhumados en 2007 e en abril as probas de ADN confirmaron a súa identidade. Falamos con Xosé Luis Rivas Cruz 'Mini', impulsor do proceso de recuperación, aprobado por unanimidade do Concello en 2005.
Casares, Vidal Bolaño, Carvalho Calero...? A RAG anunciará esta tarde o protagonista das Letras 2013
Ao redor das oito e media da tarde, unha vez que a Academia conclúa o seu pleno ordinario, coñecerase o nome do ou da homenaxeada no vindeiro ano. Carlos Casares, Roberto Vidal Bolaño, Antonio Fernández Morales, Xosé María Díaz Castro, Carvalho Calero ou mesmo Rosalía... As apostas están abertas.
O ACTA volve ser rexeitado no Parlamento Europeo
A Comisión de Comercio Internacional da cámara votou en contra do tratado, que o mes que vén será debatido e votado no pleno. É a quinta comisión do europarlamento que se opón á norma, que procura a loita contra as falsificacións, pero que podería supor un retroceso na privacidade das conexións a Internet.
A Xunta presenta o seu plan estratéxico para o Gaiás, o sector pide un plan estratéxico para a cultura
Jesús Vázquez presentará este venres o proxecto do executivo para a Cidade da Cultura, que ratifica a suspensión das obras dos dous edificios pendentes, e fará o mesmo o martes no Parlamento. A Plataforma das Artes Escénicas chama a concentrarse ese día diante do Hórreo para esixir "un plan estatéxico para a cultura"