Un manifesto pídelle ao Valadouro que recoñeza Miro Casabella como 'fillo predilecto'
Un grupo de veciños encabezan un texto, asinado por 122 representates da cultura galega, nomeadamente do mundo da música e da comarca da Mariña, reclamando o recoñecemento para o cantautor
Luces e algunhas sombras no Ano Vidal Bolaño
Pedímoslles a Belén Quintáns, Paco Macías, Rubén Ruibal e Carlos Santiago que fagan unha valoración das celebracións, actividades e recoñecementos organizados arredor do autor homenaxeado nas Letras 2013.
"Queremos ofrecer unha ferramenta que sexa válida para a sociedade civil"
Biodiversidade Ameazada é unha ferramenta colaborativa xestionada dende a USC que buscar recoller e difundir o patrimonio natural e as especies ameazadas de Galicia e do Norte de Portugal, servindo de vertebración entre o ámbito académico, o dos afeccionados á natureza e o dos activistas.
Universidades e alumnado rexeitan a fusión de títulos que propón a Xunta
Goberno galego e universidades debaterán este venres a proposta de supresión e fusións de graos para evitar duplicidades. A Facultade de Filoloxía da USC acolle unha concentración contra o plan, que afectaría, por exemplo, a Filoloxía Galega.
Unha tese analiza criticamente o "mito" da integración das caboverdianas en Burela
Luzía Oca González foi a responsable, a finais dos noventa, do proxecto BogAvante, a primeira intervención empoderadora e participativa que se fixo con este colectivo. Denuncia a perda de autonomía das mulleres nos últimos anos.
"Cando compras un produto ecolóxico, sabes o que estás comprando”
A agricultura e a gandaría ecolóxica manteñen un lento crecemento a pesar da crise, con medio milleiro de empresas e 22,71 millóns de euros de facturación. Falamos con José Antonio Fernández, presidente do Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia.
“Corasón, courasa, courasa grande para estes tempos incertos"
Corasóns, o libro-cd-dvd editado por Kalandraka e coordinado por Uxía Senlle, combina as fotografías da portuguesa Isabel Leal e as cancións de António Zambujo, Magín Blanco, Uxía e outros moitos outros artistas dunha beira e outra da Lusofonía, "un canto á diversidade dentro da unión lingüística"
O monstro do lago das Pontes
A finais de decembro estrearase na vila pontesa Eu tamén o vin, un falso documental que xoga coa idea da existencia dun ser descoñecido nas augas da lagoa artificial. De fondo, as críticas ao triunfalismo amosado polas distintas administracións ao redor deste proxecto.
O CESGA celebra o seu 20 aniversario multiplicando por dez a capacidade do seu supercomputador
O Finisterrae, que en 2008 chegou a ser o ordenador de maior memoria compartida de Europa, ficou obsoleto (a pesar de realizar 33 billóns de operacións por segundo) e será actualidado nos dous vindeiros anos.
ITH: Moito máis que crowdfunding cultural
A Fundación Uxío Novoneyra bota a andar unha plataforma para promover e financiar proxectos literarios, que busca tender pontes ademais entre os sistemas literarios de hispanoamérica e da lusofonía. "ITH nace coa percepción do impacto da crise no eido cultural. Este é o valor engadido de ITH, a posibilidade de ampliar as fronteiras do real no eido literario"
"O pensamento político galego leva anos atrapado no rodopío das teses dos anos setenta"
Este outono botou a andar Somos Ninguén, un espazo na rede para a reflexión política (pero non só), para a selección e difusión de artigos e análises e tamén para a publicación de traballos de maior extensión. Falamos cos seus responsables
O malestar pola modificación do trazado do Camiño Norte chega a Compostela
Centos de persoas, con chuvasqueiros amarelos, pediron na Praza do Obradoiro a consolidación do actual trazado ao seu paso por Baamonde.A Deputación de Lugo e varios concellos tamén presentaron alegacións aos cambios propostos pola Xunta.