O coche é o peor medio para moverse por Vigo
Equo fai públicos os resultados da Carreira de Medios de Transporte, celebrada hai unhas semanas entre Praza América, Porta do Sol e o Calvario. Bicicleta eléctrica, bicicleta, moto e autobús obteñen os mellores resultados, tanto en velocidade coma en custe. O vehículo privado vese prexudicado, sobre todo, polas dificultades para aparcar
Os dereitos sociais, outras vítimas da crise
Este xoves A Nave de Vidán acolle un novo Debate na Praza, que afondará no efecto que a crise económica está tendo para os recortes sociais. Participarán o xuíz Luis Villares, o ex deputado Carlos Aymerich e Xulio Ferreiro, profesor da UDC.
Stop Desafiuzamentos frea, de momento, o desaloxo de Elisabeth Sanlés
Medio cento de activistas impediron o acceso da comitiva xudicial á vivenda, e a expulsión foi adiada indefinidamente. Porén, o xuíz di non ver "base legal" para suspender o lanzamento e Stop Desafiuzamentos alerta de que, ao igual que no caso de Aurelia Rey, a expulsión podería producirse en calquera momento.
A memoria de Vilagarcía, en dez mil fotografías
O Faiado da Memoria inaugura unha nova fase, xeolocalizando as imaxes da cidade arousá e a súa comarca, e ligándoas ás imaxes actuais de Google Street View para advertir cunha soa ollada os cambios experimentados polas paisaxes urbás.
O "desastre ambiental" da mina de Touro, o futuro para Corcoesto?
Salvemos Cabana alerta dos problemas que segue xerando a mina de cobre e ouro a ceo aberto de Touro, pechada hai 25 anos. O espazo é sinalado decote como un "exemplo" de restauración do medio ambiente, pero a entidade denuncia que os residuos que segue xerando contaminan os campos e ríos próximos.
"Fóra da xestión pública e o mundo comercial, hai unha realidade que fica obviada"
GZ Imaxinaria é unha cooperativa de Cultura Libre que xorde do tecido asociativo e creativo. Alg-a Lab, Axóuxere Editora, Adtlántica TV, Reciclaxe Informática, Buseira..., son algunhas das entidades e proxectos que a conforman.
O Comité Cidadán celebra a sentenza que ilegaliza a regasificadora de Xixón, e pide o peche de Reganosa
O Tribunal Superior de Justicia de Madrid acepta o recurso de Equo e anula a autorización para a construción da planta, por estar a menos de dous quilómetros de núcleos habitados. O Comité Cidadán lembra que a distancia de Reganosa con Mugardos ou Ferrol é moito menor
A mobilización cidadá tenta frear os desaloxos de dúas mulleres en Cabanas e na Coruña
Varias ducias de persoas concentráronse este luns en Cabanas ante a vivenda de Sandra, na que vive co seu fillo de tres anos, a súa nai e a súa irmá. Mentres, Stop Deshaucios convoca unha vixilia ante a casa de Elisabeth, no coruñés barrio do Castrillón, para impedir o desafiuzamento previsto para a mañá do martes.
Anxo Rei Ballesteros, presente
Axóuxere Editora publica Presenza dunha Ausencia (Sobre Maurice Blanchot), un ensaio inédito do lembrado autor, falecido hai cinco anos. Na obra retoma a liña filosófica que desde a Modernidade interroga o ser humano polo feito imaxinario da súa elaboración como persoa: a literatura como expresión do ser.
"A nova pobreza ten moito que ver co mal funcionamento do mercado do traballo: desemprego e salarios baixos"
Ángela Troitiño e Sebastian Villasante, profesores da Facultade de Económicas da USC, coordinan un número monográfico da Revista Galega de Economía centrado na Economía da desigualdade.
"Os orzamentos do Goberno son o recoñecemento do seu fracaso"
Pedímoslles aos economistas Manuel Lago e Marcelino Fernández Mallo que analicen o proxecto de orzamentos presentado esta semana polo Goberno central, que afirma que son as "contas da recuperación".
"Jesús Vázquez non se decata de que pode apuntarse un gran tanto político con Conservación"
Alumnado e profesorado da Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais, con sede en Pontevedra, inician este martes unha marcha a Compostela que rematará cunha manifestación o venres en San Caetano. Reclámanlle ao conselleiro de Educación unha entrevista que lles nega dende antes do verán, para que súa titulación sexa recoñecida como universitaria