Marcos Pérez Pena

Marcos Pérez Pena

Marcos Pérez Pena (Montevideo, 1980). Tras ter traballado en Vieiros.com e outros medios, en 2012 formou parte do equipo que puxo en marcha Praza. Doutor en Xornalismo pola USC, analizou na súa investigación o papel da prensa en Galicia durante a Transición.

  • Hai outras formas de ter enerxía

    Nos últimos anos xurdiron cooperativas de consumo e produción eléctrica que buscan o uso exclusivo de fontes renovables e o control democrático da enerxía. A catalá Som Energia supera os 10 mil socios e en Galicia vén de nacer Nosa Enerxía Sociedade Cooperativa Galega.

  • Debería controlar os excesos dos medios un organismo independente?

    A cobertura que algúns medios están realizando do asasinato de Asunta devolve á actualidade a necesidade de organismos que velen pola deontoloxía. En toda Europa existen consellos reguladores do audiovisual; en España só en Catalunya e Andalucía. As organizacións de xornalistas reclaman unha lei de Garantías do Dereito á Información da Cidadanía.

  • Obama bebe viño galego... e etiquetado en galego

    A Casa Branca escolleu Peza do Rei, un tinto da Ribeira Sacra, elaborado por Bodegas Cachín, para a Cea da Hispanidade, que este mércores reunirá a elite empresarial, política e económica del país. Un viño galego e etiquetado en galego.

  • Aldeas a prezo de saldo

    En Galicia hai máis de tres mil núcleos de poboación que non contan con ningún habitante, segundo datos do INE de 2012. Varias destes lugares abandonados véndense en webs especializadas. Algunhas constan dun par de vivendas, outras conforman unha aldea completa, ás veces cunha gran historia detrás.

  • Os zombis teñen orixe galega

    Os avós de George A. Romero, iniciador do xénero en 1968 con A noite dos mortos viventes, eran de Neda e emigraron a Cuba, dende onde o seu pai (nacido circunstancialmente na Coruña) marchou para Nova York, onde naceu o director de cine.

  • Fexuga: de Vilagarcía a Cabanas e todo queda na casa

    O ex-concelleiro arousán Francisco González xustificou parte dos gastos do Feirón Solidario supostamente organizado pola asociación Dobre Espacio cunha factura á empresa de Cabanas Rgm Producciones, da súa irmá, e co mesmo domicilio social que Acción Social, outra asociación de Fexuga con notables axudas públicas e escasa actividade.

  • A trama de Fexuga comeza a deixar ver as súas costuras

    A dimisión o mes pasado do concelleiro de Cultura de Vilagarcía, Francisco González Mariño, ao non poder xustificar unha subvención recibida por unha entidade da que fora responsable, devolveu á actualidade a Fexuga, unha federación de asociacións xuvenís próximas ao PP e con escasa ou nula actividade, detrás da que o PSdeG cre que se pode agochar un mecanismo de financiamento irregular dos populares.