28 de xaneiro: nova data para os floteis, aínda con fíos que atar
A prensa mexicana e os medios económicos especializados apuntan a que os estaleiros galegos seguen sendo os favoritos para facerse coa licitación pero o conflito interno en Repsol e a necesidade de blindar o proceso a futuras reclamacións explican o adiamento.
Critican a participación de cargos públicos na 'traslación dos restos do apóstolo'
Europa Laica-Galicia sinala que supón a vulneración do principio de aconfesionalidade do Estado e a constatación "de que en España continúa existindo unha confesión oficial"
Os Vilares: a terra baixo a poesía de Díaz Castro
Pastora Veres e Cibrán Tenreiro ultiman un libro e un documental, respectivamente, sobre a parroquia na que naceu e viviu o autor, que será o protagonista das Letras Galegas no 2014.
Festiclown Palestina, "un acto revolucionario de democracia radical desde as artes"
O festival celebrarase do 12 ao 19 de xaneiro de 2014 nos campamentos de poboación refuxiada de Nahr Al-Bared, Baddawi (Trípoli), Bourj Al-Barajneh, Shatila (Beirut) e Ein Al-Hilweh (Saida), no Líbano
Unha estrada que non leva a ningures
O blog Tivaifacendo denuncia o caso dunha vía de alta capacidade de seis quilómetros de lonxitude sen uso ningún, que conecta a autovía Ourense-Vigo coa paralizada Plataforma Loxística- Industrial Salvaterra- As Neves (Plisán).
"A sociedade brasileira demanda maiores niveis de participación política"
Roberto Mansilla, analista do IGADI, vén de publicar o seu primeiro libro, Brasil. Unha ollada a un “país de futuro”, un percorrido pola xeopolítica e a política exterior do xigante americano, que este 2014 vivirá un ano importante, coa celebración de eleccións presidenciais e do mundial de fútbol.
E se me desenchufo da rede eléctrica?
A pesar das dificultades creadas polo Goberno, a instalación de paneis fotovoltaicos nunha vivenda para o autoconsumo eléctrico ten un custe de arredor de sete mil euros, que poden ser amortizados nuns dez anos.
A mensaxe do rei perdeu nun ano dez puntos de audiencia en Galicia
Foi seguida polo 60,9% das persoas que nese momento vían a televisión, fronte ao 71,2% do pasado ano. En total, o espazo foi visto por 500 mil galegos e galegas, apenas o 19,3%
A estratexia ante Gallardón: unidade, mobilización e pedagoxía
A Plataforma Galega polo Dereito ao Aborto anunciará nos primeiros días de xaneiro un calendario de accións e mobilizacións. Búscase deixar ao descuberto que a maior parte da sociedade, incluídos os e as votantes do PP, están en contra da reforma.
A incerteza eléctrica eleva o interese polas cooperativas de enerxía
Nosa Enerxía Sociedade Cooperativa Galega constituirase en xaneiro e comezará a comercializar enerxía verde e "transparente" antes do verán. Preparan tamén un plan de instalación de placas fotovoltaicas nas vivendas dos seus socios e socias.
As bibliotecas galegas emprestan 20% máis libros que antes da crise
Tamén se incrementou nunha proporción semellante o número de persoas socias. Porén, neste tempo, os orzamentos da Xunta para bibliotecas e arquivos reducíronse á metade. Os bibliotecarios sinalan a importancia destes centros para reducir as diferenzas sociais.
Que baixen as peaxes... polo ben de Audasa
A plataforma Todos contra a suba das peaxes esixe nun escrito a paralización da suba prevista para o 1 de xaneiro e que se apliquen en Galicia os mesmos descontos aprobados noutras comunidades autónomas. Lembran que os incrementos de prezos levan un descenso do número de usuarios