O Gaspar Hauser do novo cinema galego
O ferrolán Alberto Gracia obtivo este venres o prestixioso premio da crítica internacional no Festival de Cinema de Rotterdam con O quinto evanxeo de Gaspar Hauser. Falamos con el sobre o filme e o proceso da súa produción
A carraxe polas preferentes peta na porta da casa de Feijoo
Milleiros de persoas maniféstanse en Compostela ante a residencia oficial do presidente da Xunta, ao que acusan de ser "cómplice" da estafa. Rexeitan a quita e o canxe por accións e denuncian que o proceso de arbitraxe está paralizado. E esixenlles aos alcaldes e concelleiros do PP nas súas localidades que escollan entre defender os veciños e defender o seu partido. Audios e galería de imaxes no interior.
O PSdeG pídelle ao alcalde do Porriño que "despexe as dúbidas sobre a súa xestión" ou que "dimita"
O xulgado admite a trámite a querela da Fiscalía contra o alcalde Nelson Santos, do PP, por un presunto delicto de prevaricación. "Se non pode explicar o seu comportamento e a súa xestión, ten que dimitir", di a voceira socialista Eva García.
"É incríbel ter que mobilizarse para que o galego non sexa excluído da escola"
Carlos Callón, voceiro de Queremos Galego, destaca o masivo apoio da cidadanía á manifestación pola defensa do galego malia os atrancos impostos polo Concello de Santiago.
"Aínda que se molle, o galego non encolle"
Milleiros de persoas maniféstanse en Compostela pola lingua malia a forte chuvia. Novo éxito de convocatoria de Queremos Galego, que encheu as rúas da capital galega para reclamar a derrogación do decreto e a presenza do idioma propio na escola. Galería de fotos e vídeo no interior.
Carral e Ferrol non queren que se esqueza a infamia
A Asociación Cultura Aberta de Carral organiza por oitavo ano consecutivo as Xornadas da Memoria Histórica centradas na represión na Comarca da Coruña. O domingo en Ferrol homenaxearase a mugardesa Amada García, fusilada hai agora 75 anos.
Liceo Mutante: "Non nos arrinquen un dos poucos motivos para non marchar da nosa cidade"
A asociación que xestiona o espazo cultural pontevedrés afirma que o proceso para regularizar a súa situación e poder volver ofrecer actuacións musicais se atopa "en punto morto" e reclámalle unha solución ao Concello
A Fiscalía investiga un posible caso de corrupción no Concello do Porriño
O secretario e o interventor municipais tiveron que acudir a declarar en varias ocasións para aclarar presuntas irregularidades na contratación de obras e servizos por catro millóns de euros. O PSdeG-PSOE pide unha comisión de investigación e afirma que isto confirma "sospeitas que veñen de moi atrás"
Laura Bugalho rexeita a oferta da Fiscalía de 'xuízo rápido' e redución dun terzo na petición de pena
Ducias de persoas concentráronse durante case tres horas ás portas dos xulgados de Compostela mentres a activista prestaba declaración. En maio resolverase este xuízo no que segue sen concretarse a pena que a acusación pide para ela, que podería chegar aos seis anos.
A concelleira de Facenda da Coruña rexeita o software libre e aposta polo privativo, que compara cun Ferrari
O BNG presentou unha moción para que o Concello comezase a usar programas con licencias libres. Porén, dende as bancadas populares tratouse de desprestixiar o software libre comparándoo cunha bicicleta en oposición ao privativo, identificado cun Ferrari "cheo de gasolina".
"Estamos cansos pero esperanzados, esta é unha loita moi dura"
Falamos co irmán de David Reboredo, Marcos, que denuncia a "dobre vara de medir" da xustiza e ve sinais positivos na rapidez coa que o Ministerio lle solicitou á Audiencia Provincial de Pontevedra o informe para valorar a concesión do indulto. O 31 de xaneiro haberá unha nova concentración en Vigo.
Se xulgan a Laura Bugalho, xúlgannos a todas
Este mércores está chamada a declarar a activista, para a que a Fiscalía pide de 3 a 6 anos por falsidade documental continuada. En 2009 foi detida polo seu labor de axuda a persoas migrantes, nun proceso inzado de irregularidades. Centos de colectivos defenden a súa inocencia.