"O minifundismo nos movementos sociais non é malo, pero precisamos un espazo de encontro"
O vindeiro xoves preséntase en Vigo a plataforma cidadá ECOAR. Falamos cun dos seus activistas, Uxío Reinoso, que salienta que estamos vivindo un "cambio de paradigma" nos movementos sociais, "dende as organizacións de masas a unha masa que se organiza pola súa conta".
"Debemos ser parte do mundo a partir da proxección do que somos e das nosas vantaxes comparativas"
O IGADI figura entre os 10 think tank máis influíntes do Estado e vén de publicar o IGADI Paper número cen, centrado nesta ocasión na Cooperación Transfronteiriza en Europa. Falamos con Xulio Ríos, o seu director.
Heredeiros da Crus: "Tiñamos claro que se seguiamos tiña que ser cun disco novo"
A banda atópase estes días en plena gravación do seu novo álbum, que se publicará antes do verán. Falamos con Fran Velo, baixista da formación, sobre un traballo que promete ser "100% Heredeiros. É dicir, roqueiro, divertido, descarado e, por suposto, galego"
"Os grandes partidos son uns analfabetos dixitais. Confunden o saber fregar a pantalla do iPad con coñecer a tecnoloxía"
O avogado Javier de la Cueva, experto en propiedade intelectual, participou este sábado nos actos do décimo aniversario da Galipedia cunha palestra sobre Coñecemento Libre e Democracia.
"É inaceptable que Feijoo culpe os profesionais da morte no Hospital de Vigo"
SOS Sanidade Pública, PSdeG, AGE e BNG critican a xestión da Consellaria de Sanidade e denuncian o colapso hospitalario. Unha manifestación protestará o 14 de marzo en Vigo contra a privatización da xestión sanitaria.
Open Data: máis democracia, máis oportunidade de xerar riqueza
As prácticas de open data, para poñer a disposición de todos os cidadáns e cidadás os datos e coñecemento xerados dende o investimento público, levan anos de atraso en España. Estanse perdendo oportunidades para a innovación e para acadar sociedades menos opacas. Falamos con José Ramom Pichel, de Imaxin
"Onde está Galiza non se Vende?" e outras preguntas sobre os movementos sociais
Vivimos unha emerxencia social cunha mobilización moi importante en determinados ámbitos. Pero esta actividade non semella cristalizar en redes sostidas ou nunha forza de presión tanxible. Hai un movemento social galego que poida ser identificado como suxeito? Debe habelo?
As artes escénicas critican a escolla do novo director de AGADIC, sen experiencia na xestión cultural
Jacobo Sutil traballou na construtora San José e noutras empresas, sempre fóra do ámbito do que agora ten que responsabilizarse. Salvador del Río lamenta a súa falta de experiencia e de perfil político e que Jesús Vázquez non llelo comunicase aos representantes do sector na xuntanza que mantiveron este mércores.
"Estabamos onde nos querían ter: sen actividade musical, morrendo lentamente e sen facer ruído"
O Liceo Mutante de Pontevedra retomou a súa programación de concertos, nun desafío ao Concello, que aínda non lle concedeu a licencia pertinente.
A Xunta contradí os reitores e di que "ninguén deixa a universidade por causas económicas"
O secretario xeral de Universidades afirma no Parlamento que "non é certo" que haxa alumnado que teña que renunciar á súa carreira por non poder facerlles fronte ás taxas: "ninguén quedou fóra", teima. A Coordinadora en Defensa da Universidade Pública critícao e anuncia mobilizacións coincidindo co debate dos Orzamentos na cámara.
Unha historia de máscaras e calcetíns
O Proxecto Máscaras parte dun encargo da Asociación Pro Personas con Discapacidad Intelectual de Galicia para gravar unha curtametraxe. Pero ao cabo rematou sendo moito máis. Falamos con Iago González, director e guionista de Máscaras.
"Vivimos unha época na que o poder tenta que os parias sexan máis parias e máis derrotados"
A Asociación Roberto Vidal Bolaño preséntase esta tarde en Compostela nun acto público no Teatro Principal. Organizará un festival de teatro afeccionado, unha exposición itinerante, varias montaxes teatrais coproducidas e múltiples proxeccións audiovisuais. E traballará para fixar a súa figura como autor: "Os seus textos son literatura e literatura da boa”. Audios no interior.