'Shrinking Cities': Ollos galegos afondan no urbanismo dende Edimburgo
Ana González e Antonio Cervera, dous galegos emigrados en Escocia, comisarian o proxecto Shrinking Cities. Expanding Landscapes, que percorre o traballo arredor das paisaxes urbanas de oito artistas europeos.
En 2012 representáronse en Galicia a metade de obras de teatro que en 2009
A Fundación SGAE publica o seu anuario 2013, que alerta dos primeiros efectos da suba do IVE en setembro de 2012. En Galicia a crise das artes escénicas é notable, mentres que cinema e música ao vivo resisten mellor
Queres pagar menos pola factura do lixo? Produce menos lixo!
Os habitantes dos concellos adheridos a Sogama pagarán un 34% máis na factura do lixo. Pero hai alternativas: dende as plantas de Nostián e Lousame, cunha meirande aposta pola reciclaxe e a compostaxe, e outras fórmulas, coma as plantas locais de tratamento ou a recollida porta a porta.
Os galegos menores de 45 anos usan máis a rede que a media dos mozos españois
Galicia aínda se atopa por debaixo da media do Estado en case todos os indicadores, segundo os datos do INE, pero a situación é a inversa entre os máis novos e aqueles que viven nas cidades.
"A morte deste rapaz ten que abrir un debate serio ao redor da participación dos menores na caza"
A organización Libera denuncia novamente a participación de menores nas batidas, "un adoutrinamento na violencia cara aos animais", e pide elevar a idade mínima. O pasado sábado un rapaz de 17 anos morreu en Ribas do Miño.
“Todas as mulleres somos dalgún xeito exiliadas de nós mesmas, aínda sen traspasarnos”
A Cicatriz Branca, o filme de Margarita Ledo que afonda na emigración da muller, proxéctase esta fin de semana no Salón Teatro de Compostela. Falamos coa súa protagonista, a poeta Eva Veiga
A crise ataca con máis forza a Galicia atlántica
Os indicadores de pobreza dispáranse en Ferrol, A Coruña, Pontevedra, Vigo e as comarcas das súas contornas, mentres que se manteñen estables ou mesmo descenden en Ourense e Lugo. O mesmo sucede con outros indicadores, coma o dos fogares con dificultades para chegar a fin de mes ou as familias que dependen en exclusiva de prestacións.
O torques de Burela e outras valiosas pezas marchan do Museo de Lugo
Os herdeiros de Álvaro Gil, propietarios da colección, retiraron este xoves as corenta pezas de ourivería prerromana, das que se descoñece o seu destino. A Deputación de Lugo ofreceu pagarlles tres millóns de euros, pero a familia rexeitouno.
"Non é a mesma opresión a que sofre unha muller que cobra 700 euros ao mes que a que cobra sete"
Leil Zahra Mortada, activista libanesa, anarcofeminista, ofreceu unha charla este xoves na Coruña sobre "Corpos en resistencia, identidades en (re)formación". Nos últimos dous anos participou activamente nas protestas cidadás en Exipto e realizou o proxecto audiovisual Palabras de Mulleres da Revolución Exipcia
A xustiza europea declara ilegal o 'céntimo sanitario', pero Feijoo asegura que o imposto está "blindado"
O presidente da Xunta defende que España modificou a lexislación na que se basea este imposto para "blindalo ante calquera problema que teña nas instancias europeas” e que o ditame coñecido hoxe é "anterior a esta modificación lexislativa"- Os orzamentos da Xunta para 2014 elevaron esta taxa en dous céntimos.
O orzamento das bibliotecas galegas é a metade que hai dous anos
Este 24 de outubro celébrase o Día da Biblioteca, que viron recortados os seus fondos á metade dende 2012, a pesar de que o seu número de usuarios creceu un 15% ao longo da crise económica. Olimpia López, presidenta de ANABAD-Galicia, destaca a función de "cohesión social" destes espazos públicos.
Que nomes lle poñemos á crise?
Investigadoras galegas e brasileiras participan nun proxecto que analizan os termos lingüisticos usado nun e noutro lado do Atlántico para dar conta da situación económica. Falamos coa profesora da Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo, Iolanda Galanes, responsable do grupo galego.