Xulio Ríos deixa o Consello de Acción Exterior creado por Feijoo, pola súa "inoperancia"
O director do IGADI denuncia que "a acción exterior galega depreciouse de forma notoria nos últimos anos" e cualifica de “peregrina” a idea de incorporar os ex presidentes nas viaxes ao exterior de contido económico ou cultural
A Escola de Conservación leva á rúa a súa reivindicación de ser recoñecida como ensino universitario
Este venres realizarán unha cadea humana polas rúas de Pontevedra e o martes partirá unha marcha a pé a Compostela. Reclaman que Jesús Vázquez os reciba, pero o conselleiro leva dende antes do verán sen atender á súa petición de manter unha xuntanza para analizar o conflito.
"Europa fomenta o autoconsumo enerxético e a descentralización e o Goberno español fai todo o contrario"
A cooperativa enerxética Nosa Enerxía botou a andar hai dúas semanas, buscando aglutinar socios e socias -a partir de 100 euros- ás que se lles garante que só reciben electricidade de fontes renovables. O obxectivo é, no futuro, producir a súa propia enerxía limpa.
Quero mallar no Android... en galego
Unha campaña reclámalle a Google que se poida escoller o galego como lingua do sistema operativo Android, que domina o mercado, con case o 90% dos smartphones existentes en Galicia.
Hai outras formas de ter enerxía
Nos últimos anos xurdiron cooperativas de consumo e produción eléctrica que buscan o uso exclusivo de fontes renovables e o control democrático da enerxía. A catalá Som Energia supera os 10 mil socios e en Galicia vén de nacer Nosa Enerxía Sociedade Cooperativa Galega.
Debería controlar os excesos dos medios un organismo independente?
A cobertura que algúns medios están realizando do asasinato de Asunta devolve á actualidade a necesidade de organismos que velen pola deontoloxía. En toda Europa existen consellos reguladores do audiovisual; en España só en Catalunya e Andalucía. As organizacións de xornalistas reclaman unha lei de Garantías do Dereito á Información da Cidadanía.
Obama bebe viño galego... e etiquetado en galego
A Casa Branca escolleu Peza do Rei, un tinto da Ribeira Sacra, elaborado por Bodegas Cachín, para a Cea da Hispanidade, que este mércores reunirá a elite empresarial, política e económica del país. Un viño galego e etiquetado en galego.
O Colexio de Xornalistas denuncia os "abusos" dalgúns medios no crime de Asunta
Reclama a aprobación dunha Lei de Garantía do Dereito á Información da Cidadanía e a posta en marcha de mecanismos independentes capaces de defender os cidadáns das prácticas xornalísticas contrarias á ética e deontoloxía profesional.
Terractiva: Medio cento de propostas para vivir e consumir doutro xeito
Esta fin de semana celébrase unha nova edición da Feira Ecolóxica de Arzúa. Haberá case 50 produtores, ademais de charlas, obradoiros, presentacións e concertos.
Aldeas a prezo de saldo
En Galicia hai máis de tres mil núcleos de poboación que non contan con ningún habitante, segundo datos do INE de 2012. Varias destes lugares abandonados véndense en webs especializadas. Algunhas constan dun par de vivendas, outras conforman unha aldea completa, ás veces cunha gran historia detrás.
Os zombis teñen orixe galega
Os avós de George A. Romero, iniciador do xénero en 1968 con A noite dos mortos viventes, eran de Neda e emigraron a Cuba, dende onde o seu pai (nacido circunstancialmente na Coruña) marchou para Nova York, onde naceu o director de cine.
Fexuga: de Vilagarcía a Cabanas e todo queda na casa
O ex-concelleiro arousán Francisco González xustificou parte dos gastos do Feirón Solidario supostamente organizado pola asociación Dobre Espacio cunha factura á empresa de Cabanas Rgm Producciones, da súa irmá, e co mesmo domicilio social que Acción Social, outra asociación de Fexuga con notables axudas públicas e escasa actividade.