A arte galega 'veranea' no MARCO
Dende o pasado venres e até marzo do ano que vén poderá visitiarse a exposición Veraneantes, que amosa o traballo de 26 creadores e creadoras galegas, de Miguel Prado a Mar Vicente, pasando por Lois Patiño, Enrique Lista ou Doa Ocampo.
Bota a andar en Barreiros a 'Universidade Rural'
A iniciativa do colectivo cultural Ollomao busca recuperar o uso das antigas escolas rurais "para o mesmo fin para o cal foron construídas" e achegarlle á poboación rural un catalogo de contidos propio do ensino superior e que normamente só chega ás cidades
"O corpo para protestar usámolo todas"
Falamos con activistas de distintos movementos feministas galegos sobre a acción levada a cabo esta semana por Femen no Congreso en contra da reforma da lei do aborto preparada por Gallardón.
"Ilustración e texto camiñan da man, non se contradín, desbórdanse mutuamente"
Falamos con Xosé Tomás, un dos promotores da escola de ilustración O Neno Amarelo, que hai uns días botou a andar en Compostela
Castroverde lembrará este domingo os 15 veciños asasinados polos franquistas en 1937
O acto, no que participarán Federico Mayor Zaragoza ou Claudio Rodríguez Fer, realizarase en Montecubeiro, no monolito dedicado ás vítimas.
Unha canción de amor para Alberto Gende
Franc3s, Triángulo de Amor Bizarro e Lowcos abren este venres en Carballo un ciclo de concertos dedicado ao deseñador, falecido o pasado ano, e que este día faría 41 anos. Disco Las Palmeras, The Cobras, Fantasmage ou Srasrsra actuarán en novembro e decembro
"Montoro e Wert están acabando co cinema español adrede"
Ángel de la Cruz recibirá o premio ao mellor guión adaptado no Festival de Cine Internacional de Ourense por Engurras. Critica a falta de apoio público á industria cinematográfica e, sobre todo, as declaracións do ministro de Facenda
"O que para Rajoy é exhibicionismo, para nós é transparencia"
A Fundación Ciudadana Civio bota a andar a web Quien Manda, un "mapa do poder en España" que busca sacar á luz as relacións entre o poder político e o poder económico e reivindicar "transparencia" para a actividade dos lobbies, hoxe moi opaca. Falamos con Javier de Vega.
O Sindicato de Xornalistas culpa ao "contexto laboral e e empresarial" da cobertura do 'caso Asunta'
Sinala que a "maioría dos medios galegos que máis cruentos están a ser no tratamento pseudoinformativo do caso levan tres anos con continuos recortes dos seus cadros de persoal, ERES, e rebaixando brutalmente os soldos"
O coche é o peor medio para moverse por Vigo
Equo fai públicos os resultados da Carreira de Medios de Transporte, celebrada hai unhas semanas entre Praza América, Porta do Sol e o Calvario. Bicicleta eléctrica, bicicleta, moto e autobús obteñen os mellores resultados, tanto en velocidade coma en custe. O vehículo privado vese prexudicado, sobre todo, polas dificultades para aparcar
Os dereitos sociais, outras vítimas da crise
Este xoves A Nave de Vidán acolle un novo Debate na Praza, que afondará no efecto que a crise económica está tendo para os recortes sociais. Participarán o xuíz Luis Villares, o ex deputado Carlos Aymerich e Xulio Ferreiro, profesor da UDC.
Stop Desafiuzamentos frea, de momento, o desaloxo de Elisabeth Sanlés
Medio cento de activistas impediron o acceso da comitiva xudicial á vivenda, e a expulsión foi adiada indefinidamente. Porén, o xuíz di non ver "base legal" para suspender o lanzamento e Stop Desafiuzamentos alerta de que, ao igual que no caso de Aurelia Rey, a expulsión podería producirse en calquera momento.