Unha volta ao mundo das que xa non se fan
O neurobiólogo Xurxo Mariño e a avogada Elisa Couto comezaron hai dous días unha viaxe que nos vindeiros meses os levará polos cinco continentes, e que se pode seguir con actualizacións case diarias no seu blog Vagamundeando.
"Ás veces tes que explicar que o que fas é froito de horas de traballo, non dunha idea feliz"
Este venres e sábado celébrase en Compostela o Foro de Edición e Deseño, organizado pola Asociación Galega de Deseñadores. Unha das charlas será responsabilidade do estudio Cenlitrospormetrocadrado, que leva aos seus obxectos e creacións o deseño atlántico.
"No rural estamos a asistir a un abandono do estado de benestar"
Falamos con Tamara Rubiños, do colectivo cultural Ollomao, responsable da Universidade Rural de Barreiros, que comezará a súa actividade este 28 de outubro. Destaca que a iniciativa facilita o acceso ao coñecemento "independentemente de onde se resida ou dos estudos que un teña ou non teña feito".
María Reimóndez: "Hai moita xente que viaxa pero nunca cambia o punto de partida"
María Reimóndez volve publicar poesía e faino por triplicado. Presenta en Compostela (Libraría Lila de Lilith, ás 20 horas) Presente continuo (Xerais), kleinigkeiten/cousiñas (Fabulatorio) e Moda galega reloaded (Positivas)
"Máis aló de Lampedusa, a exclusión de dereitos é unha fronteira invisible"
A vindeira semana unha serie de colectivos sociais organizan a Semana Galega de Loita contra as Fronteiras, con actos en Vigo, Compostela, Ourense, A Coruña e Ferrol. Falamos con Mari Fidalgo, do Foro Galego da Inmigración. Audios no interior
O PSOE leva ao TC a reforma enerxética do Goberno que "castiga" as renovables
Asegura que a norma ten efectos retroactivos e "pon en cuestión a seguridad xurídica". Os socialistas alertan de que “bota por terra o enorme esforzo" realizado nun sector punteiro e que constitúe "un xacemento de emprego intensivo”.
"Estes días descubrín que se alguén quere informar, ten que moverse e non pensar tanto en redaccións"
O xornalista galego Héctor Juanatey leva varios días nos campamentos de refuxiados de Tindouf, no Sahara, elaborando información grazas a unha campaña de corwdfunding pola que recibiu achegas de moitos lectores a cambio de ter contidos exclusivos.
'Presente Bruto Ilustrado': deseños para sinalar os culpables da crise
Dous galegos -Bunker Graphics e Roberto Argüelles- colaboran no proxecto xunto con outros 16 creadores de toda España, unha iniciativa artística de denuncia cuxos beneficios irán destinados a axudar a un banco de alimentos.
A patronal das autoestradas de peaxe pide que se comece a cobrar nas autovías
A solicitude da Asociación de Concesionarias de Autopistas de Peaje (Aseta) chega despois de que estas vías leven anos perdendo usuarios e diminuíndo os seus beneficios. A AP9 perdeu un 12,5% do seu tráfico en 2012 e a meirande parte das autoestradas construídas ao redor de Madrid están en concurso de acreedores.
A Asociación Monte Pindo ve "intereses económicos e políticos" no lume que arrasou o espazo
A entidade sinala que hai "intereses especulativos" que poden saír beneficiados de que o lugar non se declare parque natural, coma os proxectos para ampliar tres parques eólicos, implantar minicentrais hidroreléctircas, abrir unha canteira ou para crear alí un coto de caza maior, apoiados polo PP.
"Tratamos de amosar Galicia como faríamos cun amigo que vén de visita"
We are galegos ofrece excursións por Compostela e a súa contorna, polas Rías Baixas ou a Ribeira Sacra, tentando que os visitantes coñezan a Galicia que non se ensina nas viaxes organizadas e que coman nos lugares onde o fai a xente do lugar.
Fiare completa os últimos pasos para operar como banco antes de final de ano
Esta fin de semana unha xuntanza en Bilbao acabará de definir o tipo de produtos bancarios e servizos que ofrecerá. Falta apenas unha autorización do Banco de Italia para que a cooperativa de crédito comece a funcionar como unha entidade bancaria.