"Coa Renda Básica é coma se desaparecese o exército de parados que condiciona as relacións laborais"
Esta semana presentouse a ILP estatal que busca levar ao Congreso a proposta para a instauración en España dunha renda básica para todos os cidadáns e cidadás. Falamos con Bieito Lorenzo Penela, do grupo galego divulgador desta iniciativa.
"O naval foi a primeira vítima, pero agora veñen empresa por empresa, casa por casa, por toda a cidadanía"
Este venres preséntase en Compostela o filme Carga de Dignidade, de Xosé Bocixa, que rexistrou esta acción artística reivindicativa do sector naval ferrolán. Falamos con el e con Pepe Barro, un dos propotores da iniciativa.
As empresas galegas usan máis software de código aberto que a media española
O informe La Sociedad de la Información en España, de Telefónica, destaca o crecemento de todos os indicadores relacionado coa utilización de internet en Galicia, que por exemplo é a segunda comunidade autónoma que máis emprega a administración dixital.
"Non soporto a idea de que a prenda que visto sexa causa de escravitude"
Racataplan, unha marca e tenda de roupa para nenos e nenas "ecolóxica, divertida, responsable e xusta socialmente e economicamente alcanzable", e unha das integrantes da Plataforma Galega de Moda Sostible. Falamos coa súa creadora, Marián Salgado.
Unha parella de Lugo consegue a dación en pagamento a través de Stop Desafiuzamentos
O matrimonio contratara unha hipoteca de 67 mil euros para un piso que despois foi taxado en 34 mil. O colectivo cidadán traballa en varios casos semellantes na cidade nos que espera un resultado igualmente positivo.
Comeza a batalla pola renda básica universal
Esta mañá rexistrouse no Congreso a Iniciativa Lexislativa Popular, que deberá recoller medio millón de sinaturas para poder ser debatida no Congreso.
O TSXG dálles a razón ás traballadoras de Cuca e obriga a empresa a anular o traslado
Esta nova sentenza confirma o fallo anterior, do tribunal do Social, anula o ERE e insta a reanudar a produción en Vilaxoán. O propietario ten dez días para recorrer, pero o persoal pídelle que acate xa a decisión
Cantos quilómetros percorreu a roupa que levas?
Este sábado constituíuse en Pontevedra a Plataforma Galega de Moda Sostible para "visibilizar e promover outro modo de producir e consumir ropa en Galicia". Son varias as cooperativas, tendas e marcas que traballan con materiais ecolóxicos e asegurando condicións dignas aos produtores e produtoras.
Activistas sociais propoñen unha candidatura "unitaria e de ruptura" para as europeas
A iniciativa presentarase este venres no barrio de Lavapiés, en Madrid, e vén precedida dun manifesto asinado por unha trintena de persoas, entre eles os galegos Antón Gómez Reino-Varela e Raimundo Viejo Viñas, con quen falamos.
“Todo na TDT é en castelán, parece que estamos borrando do galego toda unha xeración”
Os responsables da revista Oink! anuncian que, ante as dificultades económicas polas que pasa o proxecto, non imprimirán o seu quinto número até conseguir liquidez. A vindeira semana lanzará unha iniciativa de crowdfunding para buscar a continuidade desta publicación para público infantil e xuvenil
A Comisión Europea obriga a limitar as emisións da central térmica das Pontes
Bruxelas rexeitou o Plan Nacional sobre emisións industriais presentado polo Goberno central, un documento que establecía límites de dióxido de xofre "inapropiados" para a planta galega.
"O mercado laboral non esixe grandes expertos globais, senón especialistas en áreas moi concretas"
O 7 de febreiro celebrarase en Compostela a primeira xornada de formación de The Net Room, ao que poderán asistir un máximo de 40 persoas interesadas en especializarse en Marketing Low Cost. O primeiro experto convidado será Pedro Serrahima, director xeral de Pepephone, operadora telefónica virtual.