Unha buguina para encher Ferrol de dignidade
O domingo 2 de xuño unha iniciativa artística chama a cidadanía a pendurar pezas de roupa da reixa de Navantia, a imitación do que xa fixeron en varias ocasións os traballadores cos seus buzos. Un acto artístico, popular, efémero e reivindicativo que sinala o sector naval como símbolo dunha sociedade arrasada.
Europa debaterá a ILP sobre xestión de residuos que o PP bloqueou no Parlamento
ADEGA, Amigos da Terra, Federación Ecoloxista Galega e Plataforma Galega contra a Incineración presentarán unha denuncia na Comisión de Peticións do Parlamento Europeo que salienta que Galicia non só incumpre a normativa europea senón que o Plan de Residuos de 2011 prevé que se manteña o incumprimento da lei.
"En Anova danse as mesmas friccións que noutras organizacións, entre unha vella e unha nova cultura política"
O 8 e 9 de xuño Anova celebrará a súa primeira Asemblea Nacional, un proceso que enfronta en paralelo cunha intensa confrontación parlamentaria co PP. Beiras non nega que isto xere unha retroalimentación, pero engade: "de que lle vale a Feijoo fidelizar o seu electorado se as enquisas lle están dando unha caida de 16 puntos?".
"O PSdeG non pode optar pola continuidade en ningún caso"
Iván Puentes, portavoz nacional de Novo Socialismo Galego, leva semanas percorrendo o país falando con militantes de todas as agrupación "e escoitándoos sobre todo", presentando a proposta dun PSdeG "máis de esquerdas e máis galeguista".
8 de cada 10 empregos perdidos no último ano corresponden a menores de 35 anos
Un informe de CC.OO. que analiza a EPA do primeiro trimestre alerta de que milleiros de persoas deixan de buscar emprego ante a imposibilidade de atopalo, polo que o número de parados é moi superior aos 300 mil das cifras oficiais. Manuel Lago denuncia que son os menores de 35 anos os que máis sufren a crise e culpa a reforma laboral de incrementar o desemprego.
O BNG propón garantir o 50% das clases en galego
A proposta para a reforma da Lei de Normalización recolle propostas que buscan asentar o uso do galego por parte das administracións públicas, o ensino, a xustiza ou os medios. Pídese que os funcionarios empreguen o galego ou que a Xunta faga cumprir a radios e televisións os minimos de emisión na nosa lingua.
"O problema non é dar cartos, senón ter unha política audiovisual. E en Galicia carecemos dela dende hai moitos anos"
Alfonso Pato é o director do Festival de Cans, que do 22 ao 25 de maio celebrará a súa décima edición. A pesar dos recortes nas axudas -sobre todo nas achegadas polo Ministerio- o festival mantén a súa forza e mira cara á súa segunda década.
"A única forma de reducir a propaganda nunha guerra é que haxa moitos xornalistas sobre o terreo"
Mónica García Prieto, gañadora do Premio José Couso, mantivo un encontro con xornalistas no que explicou que "os conflitos armados cada vez se cobren peor" e augurou que a Guerra de Siria continuará durante varios anos.
"A polémica vén porque lle estamos metendo o dedo no ollo ao sistema"
Iñaki Errazkin, conselleiro de Medioambiente da Deputación de Guipúscoa, explicou en Compostela o modelo de xestión de residuos porta a porta que Bildu puxo en marcha, e que substitúe un polémico proxecto de incineradora, que foi paralizado.
"No Consello de Ministros do venres, Wert ten que ter diante as noticias dunha folga histórica”
Todos os sectores da comunidade educativa, en todos os niveis do ensino e en toda España. Este xoves unha folga xeral amosará o "consenso histórico" en contra da LOMCE, que o venres será aprobada polo Goberno e iniciará o seu percorrido parlamentario.
"A débeda é un negocio e un instrumento potentísimo para conseguir outras cousas"
Attac celebra este venres en Compostela un encontro cos seus asociados en Galicia pero aberto a simpatizantes e a todas as persoas que queiran colaborar con este colectivo, fundamental nos últimos anos como espazo de converxencia e xerador dun argumentario alternativo. Falamos con Ricardo García Zaldívar, presidente de Attac-España.
"Algunhas compañeiras foron ameazadas con ser violadas se se mantiñan na resistencia"
A guatemalteca Paula del Cid, da asociación feminista La Cuerda, está en Galicia xunto coa tamén activista Natalia Atz Sunuc, para explicar de primeira man o conflito que os veciños e veciñas de Barillas sofren por mor da central hidroeléctrica que constrúe a transnacional Hidralia Energia. Compara esta ameaza coa da mina de Corcoesto.