A animación galega buscará o Goya nunha gala da que foxe Wert
O Xigante opta ao premio á mellor curtametraxe de animación, mentres que Breixo Corral e Pablo Alén son candidatos ao premio ao mellor guión orixinal por Tres bodas de más e Cristina Trenas compite no apartado de mellor dirección de fotografía por New York Shadows.
A Coruña, capital europea dos medios de comunicación comunitarios
Do 11 ao 13 de abril o Encontro Europeo de Medios Comunitarios xuntará na cidade representantes das televisións e radios impulsadas pola sociedade de Francia, España, Austria, Dinamarca, Noruega, Irlanda, Suíza, Finlandia, Alemaña e Finlandia,
"A mentalidade do 'aquí e agora' casa mal con proxectos a longo prazo, como ter fillos"
Falamos con Alberto Saco Álvarez, profesor de Socioloxía na Facultade de Ciencias da Educación de Ourense, que ten realizado numerosas investigacións sobre demografía, natalidade e despoboamento.
SOS Panadeira, moito máis que un pantalán
A pesar da oposición dos veciños, do Concello, e da existencia de varios recursos xudiciais en marcha, o Club Náutico de Sanxenxo segue adiante (co apoio de Portos de Galicia) co seu proxecto de construción de 121 novos amarres. Denúnciase o uso de recursos públicos para o beneficio privado
Coia: da aldea ao barrio
A Biblioteca Neira Vilas de Vigo acolle durante todo o mes de febreiro un ciclo de charlas e unha exposición sobre a evolución deste lugar, columna vertebral da cidade, baixo o título de Barrios, espazos de vida. A experiencia de Coia
iLoveScience: Científicos e cidadáns camiñan xuntos
Un grupo de investigadores, entre os que se atopa o galego Roi Villar, puxo en marcha hai unhas semanas unha plataforma de crowdfunding para buscar financiamento para proxectos de investigación científica. Falamos con el.
O Exército mantén un vertedoiro de explosivos mergullado a 21 millas de Ferrol
O depósito, segundo revela Materia, contén munición convencional e explosivos caducados e supón un risco tanto para o medio ambiente coma para mariñeiros e traballos de dragado, por unha posible detonación.
Os opositores a Porto Cabral demandan xudicialmente a directiva da comunidade de montes
Acusan de "escurantismo e falta de transparencia" á Xunta Directiva, que se "negou a informar sobre as operacións inmobiliarias e gastos que realizou durante os dous últimos exercicios" e que só en 2013 presentar un deficit de máis de dous millóns de euros.
21 días en galego: saber, querer, poder
O Equipo de Dinamización da Lingua Galega do IES da Pobra do Caramiñal pon en marcha por segundo ano consecutivo esta iniciativa, en colaboración con todos os mestres do centro, a ANPA, o Concello e os comercios da vila. O alumnado leva a cabo a experiencia de falar en galego en todos os ámbitos durante tres semanas.
Os eucaliptos manteñen o seu avance mentres a Xunta "mira para outro lado"
ADEGA denuncia varias plantacións ilegais na provincia de Lugo e o incumprimento por parte do Goberno galego dunha lexislación xa de por si moi permisiva coa extensión desta especie e do seu monocultivo.
O Consello da Cultura denuncia "a carencia dunha política" para o teatro galego
Publica o informe As artes escénicas en Galicia: situación e perspectivas, no que analiza a situación do sector e pide a creación dun plan específico de financiamento, un novo modelo de axudas e un "pacto polas artes escénicas" entre o sector e as administracións.
Rocha Forte: A maior e máis descoñecida fortaleza de Galicia
O portal web do Castelo da Rocha Forte (www.rochaforte.info) foi recoñecido este venres co premio Eganet ao mellor proxecto de Comunicación Dixital. Permite coñecer un pouco mellor a historia e traballo de recuperación desta fortificación situada ás portas de Compostela.