O legado de Aaron Swartz para a cultura libre
Esta fin de semana suicidouse este activista de só 26 anos, principal responsable do estándar RSS, de Reddit ou da Open Library. Pedian para el unha condena de 35 anos por descargar 4 millóns de artigos científicos coa intención de liberalos
15 anos do Discoverer Entrerprise
O 13 de xaneiro de 1998 o vento rachou as amarras deste barco de 254 metros de eslora, que acabou batendo contra a Ponte das Pías que une Fene e Ferrol e partíndoa. A comarca de Ferrolterra viviu un caos circulatorio durante meses até que se recontruíu a ponte. Vídeo de César Galdo.
Millán Astray deixa de ser un "coruñés de pro"
O TSXG estima o recurso da Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica e retíralle ao militar golpista a distinción de fillo predilecto da cidade. O goberno municipal de Carlos Negreira non quixera recorrer a restitución deste título e o propio Negreira cualificouno en 2009 de "coruñés de pro"
O PP de Ourense contradí a Feijoo e xustifica a moción de censura en Vilamartín polo proxecto de fusión co Barco
O programa electoral dos populares aposta por fomentar as fusións de concellos "cunha política de incentivos e indución positiva e estímulo para respaldar todas as iniciativas municipais que aposten por esta vía". Hai uns meses xa Manuel Baltar rexeitou publicamente os plans do presidente da Xunta.
Galicia nos Goya: animación e adaptacións literarias
O Apóstolo é candidata na categoria de mellor filme de animación. E os guións de Todo es silencio e Fin, a partir das novelas de Manuel Rivas e David Monteagudo, tamén poden levar premio. Invasor, coproducida por Vaca Films, pelexará por cinco galardóns.
Está en perigo o futuro do tren en Galicia?
CC.OO. critica a supresión do servizo Ourense-Pobra de Sanabria e alerta de que podería estar en proxecto o peche das líñas A Coruña-Ferrol e A Coruña-Lugo- Monforte, a Vigo-Ourense e a liña convencional entre Santiago e Ourense por Lalín.
Sachando procomún: Do monte á rede
Os colectivos participantes no proxecto O Monte é noso_sachando procomún reuníronse en Alg-a esta fin de semana para desenvolver un proxecto pionero en Galicia que vincula os montes comunais á innovación social e tecnolóxica.
Baltar, controlando unha provincia ao ritmo do trombón
A Fiscalía denuncia o ex presidente da Deputación por enchufar presuntamente 115 persoas a cambio de apoios para garantir a sucesión do seu fillo. Agora, e logo de anos de polémicas, a súa xestión pode sufrir un castigo xudicial.
Hai 25 anos que o Casón naufragou en Guitiriz
Días despois da catástrofe do Casón, os bidóns con carga tóxica que transportaba foron levados a unhas antigas instalacións militares en Guitiriz, pero os veciños detiveron o convoi e a carga foi levada e rexetiada de novo a San Cibrao e Xove, para rematar en Amberes.
Hai 35 anos Galicia tivo a súa 'diada'
O 4 de nadal de 1977 ao redor de medio millón de persoas manifestáronse demandando un autogoberno equiparable ao catalán ou ao vasco.
Galicia, en vixilia polo Estatuto e contra a aldraxe
En novembro de 1979 o proxecto do Estatuto de Autonomía foi drasticamente recortado pola UCD no Congreso. Unha vez concedido o autogoberno a Catalunya e Euskadi, Galicia debería ser o tapón e o exemplo para o resto de territorios. A prensa e os partidos de esquerda mobilizáronse contra a discriminación.
"Dende o mar, A Coruña e Vigo son a mesma cidade. Dous pontóns dun mesmo océano"
Xurxo Souto coordina a partir da semana que vén un obradoiro sobre a influencia da cultura do mar sobre a literatura e denuncia que "vivimos como terrícolas cando o mar está aí sempre bourando".