Pontevedra acollerá un concerto de 111 bicicletas
Este domingo, no marco do Culturgal, o Taller Atlántico Contemporáneo (TAC) organizará unha interpretación colectiva do Eine Brise de Mauricio Kagel, para a que pide a colaboración de ciclistas voluntarios
A policía desaloxa Elisabeth Sanlés da súa vivenda e detén seis persoas
A muller encadeouse xunto coa súa sobriña para evitar a expulsión. Stop Desafiuzamentos denuncia que foi obrigada a ingresar nunha residencia, na que será separada dos seus tres fillos pequenos.
A LOMCE a debate: loitas de fondo e loitas a curto prazo
Anxo Louzao CIG-Ensino), Sonia Fernández Casal (STEG) e Helena Gómez-Vecino (CONFAPA-Galicia) paraticiparán este xoves na Nave de Vidán nun novo Debate na Praza, moderado por Mariló Candedo (Nova Escola Galega).
Gradiant destina a Filipinas os mil euros obtidos nun experimento con bitcoins
O Centro Tecnolóxico de Telecomunicacións de Galicia aproveitou durante meses a potencia de cálculo dos seus equipos informáticos afondando nos métodos de minaría de bitcoins.
“Os homosexuais carecen de 'hombría' e non poden educar”
ALEAS-EU denuncia que un profesor da Facultade de Maxisterio da USC imparte dende hai anos contidos homófobos, tanto oralmente coma nos seus manuais, equiparando a homosexualidade coa pederastia ou a zoofilia e sinalando que era "contaxiosa".
Cancións para que Nova Escola Galega siga camiñando
A entidade organiza este sábado unha gala para recadar fondos, na que participarán Agustín Fernández Paz, Os D’Abaixo, Odaiko, Cis Frambá e o espectáculo A miña primeira Rosalía (Mª Manuela, Mero, Mini e Xiana Lastra). Destacan que "Queremos seguir mantendo unha voz diferente, profesionalizada, a favor da educación pública”
Aumenta a preocupación na Coruña pola creación das áreas de xestión clínica
A Xunta de Persoal do CHUAC alerta de que o novo modelo abre a porta á privatización, aínda que o SERGAS se comprometeu a non facelo. Sanidade quere crear tres destas entidades en cada área sanitaria; na Coruña serían en Psiquiatría, Cardioloxía e o Centro de Saúde de Sada.
"Coa nova reforma das pensións, as mulleres labregas son moito máis prexudicadas"
Falamos con María Ferreira Santos, responsable da Secretaría das Mulleres do SLG, que advirte das dificultades da posta en marcha da moi demandade Lei de Titularidade Compartida, que en Galicia só rexistrou dúas solicitudes, una ano e medio despois da súa entrada en vigor.
23 mil animais son abandonados cada ano en Galicia
A acción de asociacións protectoras e en defensa dos dereitos animais, con escasos recursos e un gran voluntarismo, así coma a dos refuxios municipais, palía en parte esta traxedia, pero resulta insuficiente ante a súa magnitude. Falamos coas protectoras Arco da Vella, Abeiro e Gato Pirata.
Cartos para investigación: escasos e dificilmente executables
A Confederación de Sociedades Científicas advirte non só dos recortes nos orzamentos destinados a investigación, senón do elevado grao de non execución dos mesmos, ao redor do 40%. O pasado ano un de cada tres euros dirixidos aos grupos e proxectos de investigación nas universidades galegas non se puideron gastar.
"Aposto por un nacionalismo galego rigoroso, fóra do roteiro indecente que criticamos no españolismo"
Xulio Pardo de Neyra, profesor da UDC, vén de publicar un estudo e edición de Margarida a da sorrisa d'aurora, "o primeiro conto infantil galego de autor", escrito por Evaristo Correa Calderón en 1927. Falamos con el sobre o papel da historiografía na construción nacional.
"Para nada son valente, foi máis ben unha fuxida. Sería máis valente quedar en Galicia"
Ana González e Antonio Cervera son dous galegos emigrados en Escocia, que despois de traballar durante anos en Galicia no mundo da arte buscaron en Edimburgo as oportunidades profesionais que a súa terra non lles ofrecía. Hai unhas semanas inauguraron Shrinking Cities. Expanding Landscapes, un proxecto expositivo sobre novos urbanismos.