Marcos Pérez Pena

Marcos Pérez Pena

Marcos Pérez Pena (Montevideo, 1980). Tras ter traballado en Vieiros.com e outros medios, en 2012 formou parte do equipo que puxo en marcha Praza. Doutor en Xornalismo pola USC, analizou na súa investigación o papel da prensa en Galicia durante a Transición.

  • "Nos gandeiros hai medo a denunciar os sacrificios innecesarios de animais"

    O Sindicato Labrego denuncia que centos de animais son sacrificados sen estar enfermos, por mor dos criterios subxectivos empregados pola empresa que realiza os saneamentos, Tragsega, e pola falta de control e "irresponsabilidade" da Xunta. Cándido Iglesias, da Baña, é un dos primeiros en denunciar a situación; matáronlle 31 vacas sas hai catro meses e aínda non cobrou a correspondente indemnización. Audios no interior.

  • 15 razóns para ir a Cans

    Este mércores comeza en Cans a novena edición dun festival que comezou sendo un modesto espazo de exhibición de curtas e que creceu moi rapidamente até acadar sona en toda a Península (e máis alá) e ofrecer cada ano unha completa programación de filmes, encontros con directores e concertos: este ano Xoel López ou Aerolíneas Federales. Falamos co seu coordinador, Alfonso Pato e dámosvos quince razóns para ir a Cans

  • Imaxin Software gaña o Premio Leixaprén, centrado este ano no uso do galego na empresa

    O galardón, que naceu en 1999 nos centros de ensino do Barbanza, foi organizado este ano pola Coordinadora de Equipos de Normalización Lingüística, que coincidindo coa homenaxe a Paz-Andrade, o centrou no mundo da empresa, un ámbito "no que queda moito por facer", segundo Miguel Outeiro. Imaxín superou nunha axustada votación a R, Alimentos Amorodo, Martín Códax e A-1 Seguridade.

  • O tributo que Magín Blanco merece

    Promoven a través dunha iniciativa de crowdfunding a edición dun dobre disco de homenaxe ao artista ourensán, que o pasado verán sufriu un accidente que lle impide tocar a guitarra. Xoel López,  Nick Garrie, Uxía, Malvela, Cosecha Roja, Nancho Novo, Todo el largo verano, Manu Clavijo, Quant, Eladio & los Seres Queridos, Silvia Penide, Ugia Pedreira, Guadi Galego, Roger de Flor, Camilo Franco ou a Burgas Beat colaboran no álbum de versións.

  • Música, humor e gastronomía. Que máis se pode pedir?

    A segunda edición dos seráns do Taller Atlántico Contemporáneo na Cidade da Cultura comeza este domingo, cun concerto dirixido por Diego García Rodríguez, con obras de Varèse, Kagel, Schnitke e Daugherty. Todo será introducido por un monólogo de Carlos Blanco, e ao remate o restaurante Abastos 2.0 de Compostela ofrecerá unha degustación. Os seráns continuarán até decembro.

  • Vilamor, de Cannes a Cans

    O filme dirixido por Ignacio Vilar estreouse este xoves en Ourense, nunha sesión á que asistiron máis de 400 persoas, e pechou así a súa xira polas cidades e vilas galegas. O equipo viaxa nestes momentos a Francia para participar no festival de Cannes, co obxectivo de asegurar a distribución internacional da película. E a semana que vén estará en Cans, Porriño, para participar neste evento cinematográfico.

  • O Vigo de Paz-Andrade centrou os actos oficiais do 17M

    Concello, RAG e Xunta homenaxearon o empresario, poeta e políticos, nuns actos aos que asistiu numeroso público e nos que interviron Xavier Vence, Manuel Rivas, Ramón Villares, Xosé Ramón Barreiro ou Xesús Alonso Montero, ademais de Méndez Ferrín, Abel Caballero, Alfonso Paz-Andrade ou o presidente da Xunta Alberto Núñez Feijoo.