O "recorte masivo" en dependencia que ameaza Galicia
Os novos recortes poñen en situación de risco milleiros de galegos que se poden ver obrigados a deixar as residencias ante a falta de recursos. O Colexio de traballadores sociais pide a Xunta que aumente as partidas e compense as limitacións que impón o Estado.
        
    
    As municipais moven os marcos da esquerda galega
Manifestos, chamadas á unidade, plataformas cidadás pola confluencia, autonomía local para as listas ou alcaldes nacionalistas que reclaman liberdade para pactar as candidaturas. Os comicios locais ameazan con variar a conformación das alternativas á dereita e ao bipartidismo.
        
    
    Máis de 20 deputados galegos piden unha Coruña "libre de touradas"
Un manifesto en contra de apoio público ás corridas de touras suma o apoio de 23 parlamentarios, todos os de AGE e BNG e oito do PSdeG. "Resulta dunha tremenda indignidade dedicar recursos públicos para a celebración de espectáculos de violencia", din.
        
    
    "A Marea Atlántica quere gañar e non un ou dous concelleiros simbólicos"
Marta Paz e David Lareo, dous dos voceiros do proceso, falan da iniciativa que busca "recuperar María Pita para o 99%" a través dunha confluencia cidadá que remate nunha candidatura para as municipais de 2015 na Coruña.
        
    
    A loita cidadá impulsa a esquerda e o nacionalismo en varias localidades
A resposta na rúa contra a mina de Corcoesto, as obras no río en Sarria ou a incineradora do Irixo disparou a abstención nos municipios afectados, onde se desmobilizou moito electorado popular pero se consolidou o do BNG e se asentou o apoio a AGE.
        
    
    "Podemos non sería coherente opoñéndose ao dereito de autodeterminación"
Paula Quinteiro, candidata galega da nova formación, chama a aproveitar o "revulsivo das esquerdas" que supuxo a irrupción de Podemos e á confluencia de forzas. "Con AGE, pero sobre todo con Anova, compartimos nova cultura política e temos moitas coincidencias", di.
        
    
    Os fogares galegos son cada vez máis pobres
A taxa de risco de pobreza supera o 17% en Galicia, que lidera por abaixo o ránking de familias con carencias enerxéticas no Estado. O 13,3% delas non poden permitirse manter a vivenda cunha temperatura axeitada e case catro de cada dez non son quen de asumir gastos imprevistos.
        
    
    PP e PSOE resístense a asumir a súa caída en Galicia
Populares e socialistas céntranse no mal resultado do seu rival para sacarlle consecuencias positivas aos seus malos datos nas europeas, malia que din "tomar nota", e coinciden co BNG nas dúbidas sobre o futuro de Podemos, no que AGE ve unha oportunidade para unir forzas.
        
    
    "Podemos demostrou que a desafección cidadá hai que movela coa participación"
O inesperado éxito da formación varía de novo o panorama político en Galicia pero tamén o dun movemento sen case estrutura no país que recoñece da "complexidade" do futuro e que chama á "confluencia" da esquerda para acabar de vez co bipartidismo PP-PSOE.
        
    
    Vero Boquete queda a un paso do ceo tras poñerlle acento galego á Champions
O Tyresö sueco cae na final da Liga de Campións malia a grande actuación da xogadora galega, que anotou un gol e deu outro.
        
    
    Navantia inicia o flotel a tres días das eleccións e 20 meses despois do anuncio da Xunta
O estaleiro ferrolán comeza a cortar chapa do buque encargado por Pemex e empeza un labor que dará traballo a uns 400 operarios durante 29 meses. O Consello de Ministros dará mañá, antes da xornada de reflexión, un impulso á contratación dos BAM para a firma estatal.
        
    
    "A represión e o proceso xurídico foi só contra os que estamos do lado do galego"
Reiníciase este xoves o xuízo contra doce mozos aos que piden 45 anos de cadea polos incidentes na manifestación de Galicia Bilingüe de 2009. Un dos acusados analiza o caso e ironiza coa "casualidade" de que coincida, como a marcha e o anterior intento de xulgamento, pouco antes dunhas eleccións.