'Mapa do Patrimonio Mineiro': oportunidade de futuro ou estratexia do 'lobby'?
Un proxecto financiado con fondos europeos defende o atractivo turístico das minas abandonadas en Galicia e obvia os efectos "devastadores" de moitas. Salvemos Cabana vincula o estudo con Euromines e ve nel "unha estratexia de márketing" para "lexitimar na UE as aberracións ambientais".
Cristiáns de base e pensionistas piden non votar o PP nas eleccións europeas
A Coordinadora de Crentes Galegos pide á cidadanía que "participe" nos comicios pero que non apoie os partidos que avalan políticas "que son causa do sufrimento de millóns de persoas". Emigrantes retornados advírtenlle aos populares por carta do "castigo" que lle preparan nas urnas.
Á rúa polo traballo nun 1º de maio con menos traballo ca nunca
CCOO e UGT piden unha resposta "masiva", a CIG chama a "facerlle fronte á UE" e a CUT reivindica "o espírito do 22M" nas diferentes marchas que percorrerán as rúasnun Día da Clase Traballadora marcada polas "terroríficas" cifras do paro en Galicia. Consulte os horarios das manifestacións.
Máis de 190.000 parados galegos non cobran prestación ningunha
A taxa de protección en Galicia sitúase no 35,4%, máis de vinte puntos menos que a taxa de cobertura, que só inclúe os parados rexistrados e non se basea na EPA. Vinte mil persoas viven soas en Galicia e non teñen ningún ingreso.
O movemento contra o traballo infantil chega ás entrañas de Inditex
Ehsan Ullah Khan, presidente da Fronte de Liberación do Traballo Forzado e importante activista paquistaní, visitou a sede da multinacional galega en Arteixo para mostrarlle a súa preocupación polas condicións laborais dos talleres téxtiles no sur de Asia.
O paro desbócase en Galicia e desmonta o triunfalismo da Xunta
O país conta con 16.100 parados máis que hai tres meses e 9.100 máis que hai un ano e é a primeira autonomía onde máis sobe no último ano o número de desempregados, que se sitúa xa nas 296.900 persoas.
O 22M rodeará o Parlamento galego o vindeiro 21 de xuño
A Columna Galega das Marchas da Dignidade celebra a súa primeira asemblea nacional, aposta por "continuar o camiño de unidade" amosado na manifestación de Madrid e convoca xa varias mobilizacións, a primeira delas o próximo mércores ante oficinas de emprego.
As loitas galegas para o Primeiro de Maio
CCOO e UGT piden unha resposta "masiva" contra os recortes, a CIG chama a "facerlle fronte á UE" e a CUT reivindica "o espírito do 22M" de cara ás diferentes marchas que percorrerán as rúas de Galicia no Día da Clase Traballadora. Consulte no interior horarios e lugares das manifestacións.
"Galicia será a próxima autonomía en abolir as touradas"
Leonardo Anselmi, director da Fondation Franz Weber e impulsor da ILP que acabou coas corridas de touros en Cataluña, reúnese coa presidenta do Parlamento galego na procura de endurecer as multas por maltrato animal e vetar a presenza de nenos nos festexos taurinos.
Webseries; capital, Carballo
A localidade da Costa da Morte acolle desde hoxe e ata o domingo o primeiro festival dedicado a este innovador formato no Estado e converte Galicia en "referente". Concertos, debates e 'master class' completan a abondosa oferta deste certame pioneiro.
"Facenda segue a multar os emigrantes e a Xunta é cómplice; non fai nada por evitalo"
A Axencia Tributaria desatende as reclamacións do Goberno galego para que se deteñan unhas sancións que non só continúan senón que se intensifican. Os afectados acusan o Executivo de Feijóo de "non facer ningunha proposta seria" para regularizar a súa situación.
Domingos Merino, A Coruña que puido ser
O primeiro alcalde despois da ditadura, e primeiro alcalde nacionalista, recibirá unha homenaxe o vindeiro martes no Círculo de Artesáns. A polémica da capitalidade e os intentos do seu goberno de regular o urbanismo da cidade apartárono do bastón de mando dous anos despois de tomar posesión.