"A represión e o proceso xurídico foi só contra os que estamos do lado do galego"
Reiníciase este xoves o xuízo contra doce mozos aos que piden 45 anos de cadea polos incidentes na manifestación de Galicia Bilingüe de 2009. Un dos acusados analiza o caso e ironiza coa "casualidade" de que coincida, como a marcha e o anterior intento de xulgamento, pouco antes dunhas eleccións.
A Orquestra de Música Tradicional Galega fai a súa estrea
Esta nova e "novidosa" formación que busca "dinamizar o mundo da música tradicional" na Coruña preséntase este sábado. Xorde dun taller aberto da Escola Municipal e mestura un repertorio tradicional e inédito con composicións máis actuais que lle dan "unha impronta propia".
Os riscos silenciados do tratado de libre comercio entre a UE e os EUA
A UE e os Estados Unidos negocian un acordo que provocaría a converxencia regulatoria co modelo noretamericano e que, segundo os críticos, "entregará a agricultura e Galicia ás multinacionais", principais beneficiarias do pacto.
A lingua galega que se defende máis en Europa
Numerosas institucións europeas denunciaron nos últimos cinco anos a política lingüística da Xunta. Desde axencias comunitarias ao Consello de Europa pasando pola Eurocámara, todas censuran a precaria situación do galego, especialmente no ensino tras a aplicación do decreto do plurilingüismo.
"Para normalizar o galego hai que ter ilusión por facelo e a Xunta non a ten"
Benito Montero, fiscal da Audiencia de Pontevedra, analiza a situación do galego no ámbito xudicial e na sociedade en xeral a poucos días de que se celebre a sétima asemblea da Irmandade Xurídica Galega, da que foi un dos seus socios fundadores.
O Mundial fala galego e o galego é mundial
A AGAL desenvolve unha campaña para reivindicar a importancia e relevancia internacional da lingua propia de cara á Copa do Mundo. Inclúe vídeos, unha completa web para seguir o campionato e anuncios en varios medios para lembrar que o torneo máis importante "fala galego".
A loita contra a Lomce reactívase neste final de curso
As dúas plataformas en defensa do ensino público en Galicia anuncian novas e importantes mobilizacións para a primeira semana de xuño. A que lideran CCOO e UGT aínda non pechou a data á espera de poder "confluír" nunha marcha conxunta.
O risco dos residuos da enerxía eólica
Unhas 18.000 toneladas de restos eólicos e preto de 2.000 pas inutilizadas carecen dun correcto tratamento no Estado. Tan só o 10% destes refugallos perigosos e que aumentan o perigo de incendios son tratados. O resto almacénase en depósitos alegais, a maioría en Galicia.
Tamara e Ana, dúas galegas máis condenadas a tres anos de cadea por protestar
As dúas traballadoras foron condenadas a tres anos de prisión por participar nun piquete, nun caso semellante ao dos sindicalistas Carlos e Serafín. A Fiscalía, que foi quen solicitou unha pena maior para as mulleres, solicita penas semellantes para decenas de persoas en todo o Estado.
A forza cidadá logra que Galicia endureza as multas por maltrato animal
O Parlamento tramitará a proposta de lei apoiada por 118.000 sinaturas e os colectivos animalistas para reformar a normativa que impoñía multas ridículas por maltratar seres vivos. O 98% dos deputados apoia un cambio que dobraría a sanción máxima e subiría de 30 a 100 euros a mínima.
A obriga de solicitar o voto provoca unha abstención histórica da emigración o 25M
Menos do 3% dos residentes galegos no exterior participarán nas vindeiras eleccións europeas logo de que tan só uns 12.500 dos 422.000 inscritos no CERA pedisen votar.
A Semana Santa dá un leve respiro ao paro rexistrado en Galicia
O número de desempregados apuntados nas oficinas de emprego descende en 6.319 en abril e a Seguridade Social gaña 3.443 ocupados no mesmo mes, pero só 614 nun ano. Máis de nove de cada dez novos contratos son temporais.