"Volveríao facer; os bombeiros non estamos para botar xente da casa"
Máis dun cento de persoas apoian ante os xulgados a Roberto Rivas, sancionado pola Subdelegación do Goberno por non colaborar no deasfiuzamento de Aurelia Rey. O bombeiro defende a "desobediencia civil" como forma de "combater a violencia legal".
A Xunta forza a implantación da Lomce, "improvisada e ás présas"
As organizacións de anpas galegas advirten da "multiplicación de problemas" que suporá a lei Wert nun ensino público galego xa danado por anos de recortes. "É o intento do PP de seguir creando obreiros e do Goberno galego de satisfacer a Rajoy e a Wert".
Meirás só abre para a familia de Franco
A Comisión para a Recuperación da Memoria Histórica e a oposición de Sada alertan do peche do pazo malia o réxime de visitas obrigado pola condición de BIC do edificio, que ten as reservas completas segundo o servizo de reservas. A portada do Hola! reaviva a polémica.
A 'marea' cidadá tamén chega a Ourense
Membros de diferentes movementos sociais e políticos da cidade lanzan un proceso que segue o ronsel da Marea Atlántica ou de Guanyem e que procura a confluencia nunha candidatura cidadá para as eleccións municipais de 2015.
A familia Franco presume de pazo de Meirás nas revistas do corazón
A neta do ditador fai ostentación do inmoble que o ditador roubou ao pobo mentres a organización das visitas asegura que "cada vez se pode acceder a menos espazos" porque "vai máis 'xentuza' a estragalo que a visitalo".
"Asinou o contrato un día e botárona ao seguinte por estar embarazada"
Unha celadora do Hospital Xeral de Vigo foi despedida sen nin tan sequera comezar a traballar. A dirección do centro e o Sergas argumentan na "protección á maternidade" o veto a unha traballadora que non puxo reparo ningún en levar a cabo o seu labor.
"Que xente como Fraga gobernase debilita calquera democracia"
Jorge Rivas, deputado fillo de galegos, impulsou a homenaxe aos represaliados polo franquismo a través dun proxecto de lei aprobado e polo que cada 14 de abril será en Arxentina o Día Nacional do Exiliado Español.
O 'imposto' á lectura que impón o novo canon ás bibliotecas
A nova normativa, que entrou en vigor neste mes de agosto, obriga os concellos a pagar unha taxa por cada usuario. A partir de 2016 terán que pagar tamén por cada préstamo. "É o colmo; tan só recibimos golpes", quéixanse os bibliotecarios municipais.
O vídeo que confirma a presenza do oso pardo no Courel
Cáptanse imaxes dun exemplar atacando unha colmea en Seceda, un testemuño único en Galicia. Un dos biólogos que axudou na captura do vídeo cre que estamos "nos prolegómenos da propagación" do animal polas montañas galegas.
A mina de Cementos Cosmos que pasa por riba de todo
A polémica canteira da cementeira reinicia a súa actividade logo de dez meses parada e recibe o visto e prace da Xunta malia os expedientes en contra da Confederación Hidrográfica e o Comité Asesor do Camiño e os danos que provoca na Cova Eirós.
O impulso dun deputado galego crea na Arxentina o día de homenaxe ao exilio republicano
A Cámara dos Deputados aproba que todos os 14 de abril sexan o Día Nacional do Exiliado Español no país suramericano. O Parlamento aproba o proxecto do deputado Jorge Rivas, fillo de fisterráns e destacado defensor da memoria dos represaliados.
"Israel mata os soños dos nenos de Gaza, pero tamén a esperanza da paz"
Rashid Shahin, escritor e xornalista palestino, fala con Praza desde Palestina, onde leva semanas denunciando o "masacre" que o exército israelí está a cometer na Franxa, o desleixo da comunidade internacional e a "complicidade" de Occidente.