Os papeis que acusan a dona de Méndez de obter pisos de Caixa Galicia a baixo prezo
Os documentos achegados á CIG, e aos que tivo acceso Praza, desvelarían a compra á entidade de 14 inmobles por 1,5 millóns de euros fronte a unha taxación de case 300.000 euros máis durante o ano previo á fusión e até dous días antes de que nacese Novacaixagalicia.
Louzán tamén quere presidir a Federación Galega de Fútbol
O popular e presidente da Deputación de Pontevedra enfrontaríase na carreira eletoral a José García Liñares, actual presidente da entidade e alcalde de Cerceda polo PSdeG.
"O novo ministro de Xustiza presionoume co de Angrois, tería que ter dimitido pero ascéndeno"
Teresa Gómez-Limón, deputada madrileña que deixou o PP pola súa xestión do accidente ferroviario, cualifica de "indigno" a Rafael Catalá, secretario de Estado de Fomento no momento do sinistro, ao que acusa de ser "responsable político" da traxedia de Compostela.
"Non colaborarei nunca en desafiuzamento ningún; antes deixo de ser bombeiro"
Roberto Rivas, o bombeiro que se negou a participar no desaloxo de Aurelia Rey, fala con Praza dun xesto que deu a volta ao mundo e volve defender con firmeza a "desobediencia civil e pacífica" ante a "represión" que cre que supoñen algunhas leis.
A loita das mulleres tomba a reforma do aborto do PP e 'varre' a Gallardón
Rajoy confirma que o Goberno renuncia á contrarreforma e o ministro de Xustiza dimite ás poucas horas aclarando que o proxecto "era do Goberno de España". A Plataforma polo Dereito ao Aborto celebra "a vitoria" que atribúe á "loita social e do movemento feminista".
E se vivimos o derbi como galegos?
Dirixentes das federacións de peñas de Celta e Deportivo reflexionan sobre a rivalidade e a posibilidade dun partido en harmonía e piden aos políticos que se impliquen nese obxectivo. Os dous soñan con poder visitar aos veciños sen ter que ser escoltados ou sen agochar as camisetas.
A Coruña volverá saír á rúa contra as touradas "e contra a 'tauromafia"
Galicia Mellor sen Touradas convoca manifestación coincidindo cunha feira taurina que se volverá celebrar -e subvencionar- na Coruña malia o fracaso no concurso de agosto e o rexeitamento popular. As facilidades postas polo Concello e a presión dos taurinos facilita a súa volta.
A presión do 'lobby' taurino e as facilidades do Concello devolven as touradas á Coruña
Unha empresa podería asumir o evento en outubro logo de que o concurso quedara deserto en agosto e malia o escaso público dos últimos anos. A administración local rebaixou o canon nun 60% e mantén a subvención indirecta mentres os taurinos presionan para "salvar a festa nacional".
Abanca exixe ao seu persoal pedirlle permiso para participar en política ou sindicatos
A dirección da entidade resultante das antigas caixas cre que participar en partidos, institucións públicas, organizacións sociais ou sindicatos "pode ser incompatible co exercicio activo no banco" e que certas condutas "incívicas" poden ser denunciadas legalmente.
Os incumprimentos "máis alarmantes" do Plan Xeral de Normalización
O informe d'A Mesa que avalía a eficacia das medidas consensuadas no Parlamento hai agora dez anos confirman o masivo incumprimento das propostas dun Plan que quedou en papel mollado nas inmensa maioría das súas reivindicacións e obxectivos.
O Plan Xeral de Normalización, dez anos sen normalizar a lingua
O conxunto de medidas aprobadas por unanimidade no Parlamento para favorecer o galego cumpren unha década sen resultados e desdeñadas polo actual goberno de Núñez Feijóo, ao que Prolingua e A Mesa culpan de ser o maior culpable do "retroceso" do idioma propio.
A UD Ourense, a rebelión do fútbol popular
A estrea deste novo equipo, que recolle o espírito do desaparecido Ourense, xuntou 700 seareiros nun partido da última categoría provincial. "O proxecto parte do sentimento", explica a directiva dunha entidade de accionariado popular controlado exclusivamente polos socios.