O debate de nunca acabar sobre a candidatura unitaria en Galicia
"Unha candidatura unitaria ou é unha ou non é unitaria. Nese caso, serían dúas candidaturas fracasadas", advirte Pereiro, de Iniciativa pola Unión, nun debate organizado pola Radio Galega na que participaron as plataformas pola confluencia ademais de BNG, Anova, Podemos e CxG
Máis de 70 concellos galegos ofreceron xa prazas para os refuxiados sirios
A Fegamp pechou o primeiro inventario de recursos ofertados por uns 40 municipios e dúas deputacións, 900 prazas que se sumarían ás 300 da Xunta e ás de ONG como Cáritas. Moitas máis localidades ofreceron tamén os seus recursos para engadirse a unha lista que aínda non é definitiva.
O descarnado relato desde dentro do "caos" do novo hospital de Vigo
Profesionais e pacientes detallan emocionados as deficiencias do Álvaro Cunqueiro. Denuncian suciedade, escaseza de material, baños, enchufes e tomas de auga ou a mala calidade da comida nun centro que, din, "non estaba preparado para o traslado". "Aínda segue en obras", quéixanse
A dirección do PSdeG arrefría o bloqueo dos socialistas coruñeses á Marea
Sitúa a postura do PSOE da Coruña no intento por "marcar posicións" no Concello e tamén na "presión" de cara a futuras decisións internas do partido, pero non cre que o enfrontamento vaia máis aló. Desde a plataforma cidadá aluden ás "forzas vivas" da cidade e á teima na "vella política"
A Coruña estrea o escano cidadán nun pleno no que o PSOE pon o primeiro atranco á Marea
Oito veciños interviron nunha sesión "histórica" que inaugurou Sonia Hermida, cuxa filla fora discriminada nun campamento municipal, e na que os socialistas botaron abaixo o cambio no orzamento pactado coa Marea por incluírse un engadido de 30.000 euros para Igualdade que tamén aceptaran
Persoal da CRTVG denuncia unha fraude de máis de 4 millóns á Seguridade Social
A CUT presenta unha denuncia ante Inspección por cotizacións de entre 100 e 700 euros menos nas nóminas de case mil traballadores durante catro anos. A fraude podería chegar aos 15 millóns e a central solicita xa a asunción de responsabilidades políticas e a destitución do director xeral
"Desde os concellos quédanos moito por facer contra o machismo"
ENTREVISTA Rocío Fraga, concelleira de Igualdade e Diversidade no goberno local da Coruña, fai balance dos primeiros días nun palacio municipal ao que chegou procedente da loita feminista, sindical e social na rúa.
Unha multitude esixe que acordo lácteo free o "saqueo" das granxas galegas
Milleiros de persoas maniféstanse en Santiago e Lugo para reclaman un "marco estable de prezos" do leite mentres no Ministerio de Agricultura a industria e a distribución formulan unha proposta de acordo do que os sindicatos galegos recean por falta de "garantías". Audio e galería de imaxes no interior.
O empeoramento da sanidade pública galega: menos investimento, máis gasto cidadán
O orzamento sanitario per cápita no país descende en 85 euros e o gasto privado de cada persoa aumenta en 80, segundo o último informe anual da FADSP. Galicia mantén uns servizos "regulares" e é a segunda autonomía con maior gasto farmacéutico por habitante e a de menos xenéricos
"O problema no hospital de Vigo é político; o modelo da Xunta non defende o público"
ENTREVISTA Ángel Cameselle, presidente da xunta de persoal do Álvaro Cunqueiro, insiste na dimisión da conselleira Rocío Mosquera pola xestión nun novo centro "no que o principal é o mercado; todo está feito para que a concesionaria gañe cartos, aínda que sexa a costa dos veciños"
O Sergas afronta denuncias na Fiscalía polo hospital de Vigo, a primeira por "homicidio imprudente"
A Confederación Estatal de Sindicatos Médicos sinala a administración pola súa presunta responsabilidade no falecemento da doente con asperxilo e denuncia que o centro abriuse antes de tempo "para que as concesionarias comezasen a cobrar". A xunta de persoal tamén presentará unha demanda
"O fundamental é construír un suxeito político galego pero é importante que se federe con Podemos"
ENTREVISTA Antón Gómez-Reino, secretario de análise política de Podemos-Galicia, apela á "creatividade" para lograr unha confluencia ás xerais na que "todos se atopen cómodos", pero insiste en manter a marca "por capacidade de intervencíón política, simbólica e tamén demoscópica"