O Valedor dá outro pau á mina de Corcoesto ao reafirmar a invalidez da autorización ambiental
O Alto Comisionado insiste nun informe que o visto e prace outorgado pola Xunta, e que segue vixente, é papel mollado e lembra que "se Edgewater pretende retomar o proxecto, a única posibilidade que ten é presentar unha nova solicitude".
A implantación de Podemos en Galicia
A formación supera os 13.500 inscritos no país, situándose como unha das comunidades que achega maior número de simpatizantes. A provincia da Coruña é a terceira do Estado con maior ratio de afiliados, cuxo número se incrementou nun 140% nos dous últimos meses.
A denuncia da trama dos cursos falsos á que ninguén fixo caso en 2010
Fiscalía, UE e Estado obviaron hai catro anos as denuncias do alcalde de Oleiros pola "montaxe" que supuñan as subvencións públicas ás empresas de Gerardo Crespo. García Seoane di agora sentirse "satisfeito" pero "tamén frustrado" por non ter sido escoitado daquela.
A Marea de Vigo colle forza e inicia os contactos coas forzas políticas
O proceso de confluencia da urbe viguesa alcanza xa arredor do milleiro de sinaturas, espállase polos barrios e iniciará nos vindeiros días as xuntanzas coas forzas política da esquerda rupturista de cara a unha candidatura unitaria para as municipais.
A "intermediación" de Gerardo Crespo con Carlos Negreira
O alcalde da Coruña limita a súa relación co líder da trama á que mantén con "calquera outro representante de veciños" pero os investigadores revelan os seus "intentos de amaño" de adxudicacións co Concello e o relevante vínculo do empresario co rexedor e coa administración local.
A xustiza conclúe que a policía mudou a súa versión para acusar a Jorquera no desaloxo de Aurelia
O xuíz non atopa "unha explicación clara, coherente e crible" da razón pola que o deputado do BNG foi denunciado mes e medio depois malia non ser incluído antes no atestado policial e condena a Subdelegación do Goberno por "vulnerar os seus dereitos fundamentais".
Filoloxía Galega, entre as peores carreiras do Estado para atopar traballo
É a sétima licenciatura con peor inserción laboral, segundo un informe do Ministerio de Educación, e a segunda que menos titulados traballando tiña un ano despois de licenciárense. Medicina e Óptica, as que teñen máis licenciados con traballo.
Feijóo deféndese da trama dos cursos falsos presumindo de loita contra a corrupción
O presidente da Xunta ataca o bipartito e asegura que a operación Zeta foi posible grazas ás denuncias do seu Goberno, malia que o sumario salpícao xa e sitúa un dos seus amigos como o mediador entre a trama corrupta e a cúpula do seu partido.
A aposta de Podemos por non concorrer ás municipais fortalece as mareas cidadás
A proposta de "apoiar e implicarse" nas iniciativas municipalistas que respecten os valores do partido vence con claridade nas votacións e dá pulo a varias das mareas xurdidas en Galicia, nas que xa participaban membros dos círculos da formación que lidera Pablo Iglesias.
A taxa de protección dos parados galegos cae sete puntos en tres anos
Tan só un de cada tres desempregados galegos percibe algunha prestación, unha desprotección que aínda é moito peor entre os mozos, dos que apenas un de cada dez que non teñen traballo cobra algo.
As touradas da Coruña tan só venderon un terzo das entradas
O expediente municipal da feira taurina celebrada en outubro revela que houbo case tantas invitacións como billetes vendidos. Máis de 5.200 persoas foron convidadas a un evento que supuxo un gasto duns 100.000 euros para o Concello.
O 70% dos contratados a tempo parcial prefire un traballo a xornada completa
A lixeira mellora dos datos do desemprego en Galicia volven agochar o empeoramento das condicións laborais. As persoas ocupadas a tempo parcial por non atopar xornada completa soben un 77% en cinco anos.