A Coruña reclámalle á Igrexa terreos municipais que rexistrou como propios
O Concello vén de enviar unha circular ao Arcebispado de Santiago no que o insta a "rectificar de maneira voluntaria" a inmatriculación indebida que fixo de varias parcelas e zonas colindantes con tres centros parroquiais, dous deles igrexas situadas na Cidade Vella.
"A raíz do problema non é o Daesh; de erradicalo, xurdirán outros grupos"
Roberto Mansilla, analista do IGADI, cre que as "eivas na integración da comunidade musulmá" en Europa e "a maior implicación de Occidente nos conflitos árabes" están no fondo da radicalización de terroristas que captan membros entre "os fillos e netos dos chegados nos anos 60"
"O Goberno quixo ocultar información co Prestige; o reproche dos galegos era comprensible"
ENTREVISTA Álvaro García Ortiz, fiscal no caso da catástrofe ecolóxica, debulla o proceso trece anos despois e advirte do "fracaso absoluto da xustiza" pola súa tardanza, pero tamén de que o enfado social non implica consecuencias penais nin "imputación dos que tomaron as decisións"
Fomento pactou con Audasa subir a peaxe por ampliar a avenida da Vedra na Coruña
Tal e como temía o Concello, o protocolo abre a porta a que a concesionaria incremente as tarifas ata un 1,5% anual nos vindeiros 20 anos, ademais da revisión habitual do importe. “Non se pode hipotecar o futuro desta cidade simplemente para mellorar o servizo de Audasa", advirte o alcalde
"Non loito polo meu fillo Hadrián, loito por todos os nenos sen atención educativa"
ENTREVISTA Nieves Villar é a nai de Hadrián, o neno enfermo que loita por unha xusta e axeitada atención educativa, á que o conselleiro de Educación 'plantou' o pasado luns. De non concertar esta semana outra cita con el, anuncia que se encadeará ante San Caetano o vindeiro luns
A reforma da Vedra: dous modelos políticos e de cidade para A Coruña
O goberno da Marea suma cada vez máis apoios á proposta de "humanización" da principal vía de entrada á urbe. Aposta por carreiros peonís e para bicis, transporte urbano e vexetación para minguar a contaminación. Fomento di non e insiste en ampliar carrís pero negocia xa co Concello.
Iago Negueruela, o 'conseller' galego do Govern balear
Este inspector de traballo compostelán de tan só 35 anos dirixe a carteira de Treball, Comerç i Indústria nas Illas. O seu revolucionario Plan contra a Explotación Laboral logrou en seis semanas tranformar en indefinidos un de cada catro contratos revisados e que estaban en fraude de lei
Así se conformarán as listas de 'En Marea'
Anova, EU, Podemos e as plataformas municipalistas acordan unhas primarias con listas pechadas con membros de varias formacións que terán que ser avaladas pola militancia. A formación morada renuncia ao nome pero a papeleta levará o seu símbolo.
'En Marea' ultima o sistema para confeccionar as súas listas
A candidatura unitaria de Podemos, Anova, EU acorda procurar un modelo de primarias para que as candidaturas propostas sexan referendadas pola militancia das diferentes forzas
A loita do cerco galego: 14 días acampados ante a Xunta
Armadores e mariñeiros levan dúas semanas na rúa, con máis de cen tendas fronte a San Caetano, en representación dos 120 barcos da pesca artesanal ameazados por un "inxusta repartición" de cotas que, advirten, pode levalos "á desaparición". Bruxelas é agora a súa esperanza.
Baltar auséntase do pleno sobre a denuncia de emprego por sexo
Nin el nin o PP acudiron a un pleno extraordinario que reprobou o presidente ante a ausencia da bancada popular. A oposición advirte da "covardía" do máximo dirixente provincial, que responde cualificando de "miserable, ruín e rastreira" a actitude do resto dos grupos
"De Feijóo non espero nada, pero pode que Génova lle mostre a Baltar a porta de saída"
ENTREVISTA Ignacio Gómez, voceiro socialista na Deputación de Ourense, cre que só a época electoral e a presión sobre o PP estatal podería supor a marcha do presidente provincial tras ser denunciado por ofrecer traballo a cambio de sexo