A "segunda oportunidade" para a escola infantil en galego
O proxecto cooperativo Avoaescola, que tivo que pechar por falta de apoio, finaliza este martes a recollida de achegas para relanzar o ensino vehicular en galego o vindeiro curso en Ferrolterra. A iniciativa continúa a precisar socios para seguir adiante.
As Marchas do 22-M que encherán Madrid de rebeldía... e de antidisturbios
A policía prepara un dispositivo de 1.700 axentes da unidade de intervención para unha protesta na que os convocantes ven "o xermolo do inicio dun proceso de cambio" malia os intentos de "invisibilización". Uns 2.000 galegos chegarán a Madrid o sábado para esta "rebelión popular".
As obras da Mariña que baten coa repulsa social na Coruña
O Concello comeza a construción dun polémico túnel en pleno centro da cidade e cuxo importe total sitúase nos 50 millóns de euros. O rexeitamento veciñal á obra increméntase aos poucos mentres se van desvelando detalles dunha obra "faraónica".
"A paralización da mina de Corcoesto só é o punto de arranque dun novo proxecto"
O alcalde de Cabana de Bergantiños cre que a suspensión só é temporal, anuncia que a empresa e o Concello acudirán á xustiza e advirte de empresas dispostas a "ser o apoio económico" para relanzar a iniciativa de Edwater.
O PP acaba coa xustiza universal pero non pode coa investigación do caso Couso
O xuíz Pedraz decide "inaplicar" a reforma do Executivo, que entra hoxe en vigor, e aclara que no caso do cámara galego rexe a IV Convención de Xenebra. A familia advirte que "non tira a toalla" e que xa pensaban en acudir a Estrasburgo. Consulte o auto no interior.
A ILP contra os desafiuzamentos chega ao Parlamento
As plataformas antidesafiuzamentos e de afectados pola hipoteca presentan a iniciativa que pide modificar a lei de Vivenda e Solo e crear unha nova que paralice os desaloxos, instaure o aluguer social como alternativa e permita expropiar as vivendas baleiras dos bancos.
A presión social paraliza de vez a mina de Corcoesto
A Dirección Xeral de Minas comunica a paralización definitiva do proxecto mineiro case medio ano despois do anuncio da suspensión por parte da Xunta de Galicia e logo de meses de enorme mobilización cidadá.
O BNG elixe finalmente a Bildu para acudir ás eleccións europeas
A Executiva Nacional confirma a intención de "seguir adiante coa folla de ruta marcada" e coaligarse coa esquerda abertzale logo de recoñecer a necesidade de "reconsiderar a decisión" e amagar con intentar un acordo con ERC tras a negativa da CUP de concorrer aos comicios.
Das carrilanas ao soño olímpico do bobsleigh
O documental 'El tiempo futuro' conta a fazaña de Bárbara Iglesias, unha rapaza galega que destaca neste minoritario deporte de inverno malia ter a pista máis cercana a máis de 1.700 quilómetros de distancia. Unha campaña de mecenado busca financiamento para rematar a fita.
O Goberno sanciona 110 manifestantes galegos aos que reclama 28.000 euros
Foron multados por participar en mobilizacións en 2012 e 2013. As delegacións do Goberno rexistraron máis de 3.000 expedientes no conxunto do Estado e reclaman preto de 600.000 euros.
Galicia segue a sumar denuncias contra o franquismo á querela arxentina
Oito galegos denuncian ante o cónsul da Arxentina os asasinatos, a represión e a tortura sufrida por 17 dos seus familiares durante a ditadura fascista e pretenden dar outro "impulso" ás vítimas para que se unan á causa contra o réxime de Franco.
PP e PSOE válense do Parlamento galego para dar marcha atrás á lei electoral
O Congreso toma en consideración unha proposta da Cámara galega de 2008 para que sexa o "punto de apoio" para revisar a lei electoral reformada hai tres anos e que instaurou o voto rogado que agora só defende o BNG, que quedou só na defensa da normativa actual.