Hórreos como albergues de peregrinos para frear a súa desaparición
Un estudio de arquitectura de Madrid lanza un proxecto para "revitalizar o patrimonio" e facer "rendibles" estas construcións converténdoas en aloxamento para turistas. Unha campaña de micromecenado procura financiamento para rehabilitar un cabazo en Ribadeo que sirva como modelo
As mareas ollan ás autonómicas pedindo "agrandar" a confluencia e maior participación cidadá
O Encontro Cidadán cre "urxente" dotar a En Marea de "procesos participativos" abertos e maior transparencia, mentres as plataformas municipalistas coinciden en que "o camiño" é "agrandar" e "potenciar" o espazo e facelo "máis inclusivo".
O PP continúa invicto nas xerais en 92 concellos galegos desde 1982
Os populares gañaron todos os comicios ao Congreso en tres de cada dez municipios nos últimos 33 anos, a maioría deles no interior da provincia de Lugo e da Coruña. En Vilalba, Riotorto, Pontedeume e Beade os conservadores foron primeiros tamén desde 1977.
"Dá mágoa e vergoña que Feijóo se apodere da loita dos gandeiros"
Os produtores suspenden as mobilizacións logo de conseguir que as seis grandes cadeas de distribución acordasen subir o prezo do leite e lamentan que o presidente da Xunta se atribúa o mérito. "Que se poña a traballar, queda moito por facer", advirte a Plataforma en Defensa do Lácteo.
A mobilización gandeira logra agora que DÍA e Alcampo paguen dous céntimos máis polo leite
O bloqueo do almacén loxístico e a presión sobre as dúas empresas en Santiago consegue dous novos acordos horas despois de que Feijóo atribuíse ao labor da Xunta o incremento nos prezos que reciben os gandeiros.
Sesenta nomes galegos da lista de debedores con Facenda
Entre as case 5.000 persoas físicas e xurídicas da listaxe de contribuíntes que deben máis de un millón de euros ao fisco aparecen máis de 60 galegos cunha débeda total duns 130 millóns. Kina Fernández, Blusens ou Pórtico son algunhas das compañías da lista.
O 20D baixa a Ciudadanos do ceo das enquisas
A formación laranxa obtén un deputado por Galicia malia a súa polémica campaña, pero reduce as expectativas que lle daban todos os inquéritos, que prognosticaban maior apoio electoral e dous escanos.
Así cambiou o voto galego entre o Congreso e o Senado
Xosé Luís Rivas, 'Mini', obtivo na provincia da Coruña case 20.000 votos máis que NÓS; García Buitrón, senador electo de En Marea, acadou 23.500 menos que a súa formación. O apoio aos candidatos nacionalistas ao Senado supera o recibido pola propia candidatura.
O éxito urbano de En Marea fortalece os novos gobernos municipais
A candidatura de confluencia convértese na primeira forza en Vigo, é segunda nas outras seis cidades do país e consolida o seu éxito en todas as áreas urbanas, onde o PP sofre un importante retroceso.
O PSdeG remata o "camiño" centrado en pedir o voto "responsable" para liderar o cambio
Besteiro insiste en apelar ao voto útil ao PSOE, "o único partido que asegura o cambio" para os socialistas galegos, que centraron tamén a campaña nos reproches a En Marea, conscientes do seu auxe e da posibilidade de perder a segunda posición no país
A policía impide o bloqueo dos gandeiros aos párkings das áreas comerciais
Varios furgóns controlan os accesos aos aparcadoiros do Carrefour e do Alcampo para evitar que se impida a entrada dos coches no sétimo día de protesta dos gandeiros.
Iglesias apela ao cambio tranquilo con En Marea, que xa pensa en "gañar" a Xunta
O líder de Podemos apoia a candidatura galega e defende un Estado "fundamentado na libre vontade da xente e dos pobos" nunha Facultade de Economía ateigada. Ferreiro e Antón Sánchez presumen da "alianza fraterna" para "decidilo todo" ante os candidatos Gómez-Reino e Yolanda Díaz