Unha empresa retira de balde niños de avespa asiática que se nega a eliminar a firma pública
Tragsatec, firma enviada pola Xunta, negouse a actuar contra un importante niño de velutinas en Cospeito alegando que estaba demasiado alto. O responsable de Serpa suprimiuno en pouco máis de media hora, gratis e "para demostrar que falta vontade política" para actuar contra a praga.
A condena do Supremo a Mangouras abre a porta ao cobro das indemnizacións
Corrixe a sentenza da Audiencia Provincial, condena o capitán a dous anos de cadea por delito medioambiental e mantén a absolución de López-Sors. O ditame abre a porta a que a aseguradora pague polos danos pero cun límite de 1.000 millóns fronte aos máis de 4.000 que cifraba a Fiscalía
O Consello de Europa recea do modelo plurilingüe que Feijóo exportou a València e Balears
O informe destaca a protección e impulso que dos seus idiomas propios fan os gobernos vasco e catalán, que cumpren a maioría dos compromisos coa Carta Europea das Linguas, que contrasta coas eivas nas autonomías onde se instaurou un decreto para o ensino inspirado no da Xunta
O Consello de Europa volve pedir á Xunta que impulse máis o galego no ensino
Insiste en que o decreto do plurilingüismo reduce a presenza da lingua propia e "entra en contradición" coa Carta Europea das Linguas. O novo informe pide "encarecidamente" fomentar o idioma na escola e modificacións legais que permitan o seu uso na xustiza e na administración
Riobóo defende os cambios en Podemos e reafirma o seu liderado ante as críticas internas
Considera "natural" o proceso que acabou coas destitucións de boa parte da executiva galega e defende a renovación nun partido "diferente ao resto". A formación lánzase a elaborar o programa de cara ás autonómicas e o seu líder insiste en que a militancia decidirá a forma na que se presentan.
Os gandeiros presionan a industria ante as reticencias para subir os prezos do leite
As principais industrias resístense a trasladar ás explotacións o incremento de dous céntimo por litro acordado coas cadeas de distribución. Lactalis non a confirmou, Celta tan só subiu medio céntimo e Río asegura que mantén os mesmos importes.
En Marea forma grupo con Podemos sen disciplina de voto e con "portavocía propia"
O veto de PP, PSOE e Ciudadanos impide o grupo propio para a coalición galega, que se integrará como agrupación parlamentaria nun "grupo plurinacional" xunto á formación morada e En Comú Podem. "Teremos independencia política e económica", din.
En Marea negocia un "grupo confederal" con Podemos
Ten ata as 20 horas deste martes para presentar proposta e loitará "ata o final" polo grupo galego. De persistir a negativa, busca un grupo plurinacional coas confluencias, sendo o confederal a última opción. A coalición rexeitou a oferta do PSOE de aumentarlle os recursos dentro do mixto
O cerco volverá faenar desde o luns logo de tres meses de paro
Acerga decide en asemblea volver ao mar e levantar o campamento que mantiña ante San Caetano, aínda que seguirá reivindicando unha "repartición xusta". Ve na última oferta da Xunta unha "pequena vitoria" pero advirte da situación económica "crítica" de mariñeiros e armadores
Proxecto Batefogo: previr o lume dinamizando o medio rural
Manzaneda acolle unha iniciativa para reducir o lume e o seu impacto promovendo o uso sustentábel do monte, a dinamización socioeconómica da zona e a interacción constante coa veciñanza. A fórmula prevé espallarse a outros municipios e busca alternativas á falta de medidas da Xunta.
En Marea cre que "hai marxe" para o grupo propio pero xa busca alternativas
A formación galega confía aínda na negociación para conformar un grupo galego e ve opcións "se o PSOE quere aspirar a construír algunha alternativa de goberno". De pecharse todas as portas, a coalición optaría por integrarse nun grupo plurionacional xunto a En Comú e Compromís
O concello asturiano da Veiga declara oficial o galego no seu municipio
O municipio limítrofe con Ribadeo aproba unha ordenanza na que equipara a lingua eonaviega ao castelán e convértese no primeiro do Occidente asturiano en darlle oficialidade ao idioma propio. O galego-asturiano será empregado e impulsado pola administración local.