Zas rebélase contra o proxecto megamineiro con centos de alegacións
No municipio máis afectado polo permiso de exploración presentáronse máis de 300 alegacións e case 1.200 sinaturas contra a iniciativa. Outras localidades e colectivos alegan tamén contra 'Isabela II' e advirten do risco dunha "actividade industrial moi agresiva nunha zona agrícola e gandeira"
Anna Gabriel: "O independentismo da CUP non ten absolutamente nada de identitario"
ENTREVISTA A deputada da formación independentista entende que non se comprenda a alianza con Junts pel Sí "se non se atende á excepcionalidade que se vive en Catalunya" e defende a "desobediencia" como única forma de alcanzar a "desconexión" co Estado.
O Constitucional pecha de vez a porta á mina en Corcoesto
O alto tribunal rexeita o recurso do Estado contra a modificación legal que introducía a caducidade dos dereitos mineiros no caso de que un proxecto -como o da Costa da Morte- non fose aprobado. O ditame tomba as últimas aspiracións de Edgewater.
"É cuestión de vontade; é máis barato a asistencia axeitada aquí que pagar os abortos en Madrid"
Expertas e a Plataforma Galega polo Dereito ao Aborto insisten na falta de vontade política e nos reparos ideolóxicos como causa da situación que obriga a mulleres a abortar soas e sen asistencia médica en centros públicos. Rueda desvincula os recortes e a obxección destes casos.
Mobilización polos abortos sen asistencia médica na Coruña que xa recoñece o Sergas
A xerencia da área sanitaria asume que as mulleres que abortan no segundo trimestre de xestación non son atendidas coas mesmas garantías que nun parto. A Plataforma polo Dereito ao Aborto, xunto a concelleiras da Marea, PSdeG e BNG, reclaman "atención digna" ante o CHUAC.
O Sergas terá que aclarar os abortos sen asistencia médica no hospital público da Coruña
A Plataforma Galega polo Dereito ao Aborto denuncia que mulleres que abortan no segundo trimestre do embarazo fano en moitas ocasións soas, sen persoal ou mesmo nun baño. O BNG pide que a Xunta abra unha investigación e o Concello xa solicitou unha xuntanza co conselleiro de Sanidade.
"Para a normalización é clave a asociación positiva co galego, é difícil sumarse a derrotismos"
ENTREVISTA Nel Vidal abandona este sábado logo de nove anos, a presidencia da Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL), que cumpre o seu 20º aniversario.
Novo pau xudicial ao eólico: o TSXG anula o concurso do PP e obriga a volver atrás
O Superior avala a demanda presentada por Capital Energy ao considerar que as revisións dos plans non foron axeitadas e obriga a Xunta a valorar de novo as ofertas. A xustiza bota atrás o concurso que substituíra o do bipartito, que foi finalmente declarado legal polos tribunais.
En Marea di que defenderá as propostas galegas na investidura cun "anexo" ás de Podemos
Iglesias presenta un amplo documento de negociación que recolle as políticas e a estrutura dun Goberno de coalición con PSOE e IU e que non inclúe medidas específicas para Galicia, que a coalición di estar a preparar nun texto centrado "nas especificidades e problemáticas propias" do país.
Toda a oposición presentará unida nos concellos mocións contra a política lingüística do PP
PSdeG, BNG, Anova, EU, CxG e outras formacións galegas únense no seu apoio á proposta d'A Mesa, que pedirá nas que a Xunta aplique as recomendacións do Consello de Europa e elabore un novo decreto.
'Cocido do Orgullo' en Lalín para visualizar a problemática do colectivo LGBTI
A capital do Deza celebra a primeira fin de semana de marzo unha festa reivindicativa que busca "denunciar a discriminación homófoba" que sofren aínda moitas persoas. Seminarios, cinema, teatro, música e unha feira da diversidade encherán a vila durante varios días.
A retirada dun premio reaviva a polémica sobre o presunto acoso homófobo a unha garda civil
A Federación de Automobilismo retira un galardón á axente que intentara suicidarse en decembro, presuntamente polas "coaccións" do seu capitán. A familia e a Unión de Gardas Civís denuncian a presión dos "altos cargos" mentres a investigación interna do tráxco suceso aínda segue en curso.