Persoal sanitario pide "auxilio" á Fiscalía para que investigue o colapso das urxencias
A xunta de persoal da área sanitaria da Coruña presenta unha demanda para que comprobe as "pésimas condicións" nas que se presta a atención sanitaria e que "pon en risco a seguridade" dos doentes. Feijóo presume ao tempo de ser un dos grandes defensores da sanidade pública.
O drama dos noventa despidos nos quioscos de Cogami
Case cen persoas discapacitadas seguen a traballar -incluso sen calefacción ou sen cartos para as menciñas- e acumulan tres nóminas sen cobrar á espera dos despedimentos nunha ONG que cobrou millóns de euros da Xunta no último ano. Este xoves concéntranse ante a sede do grupo, que xa foi ocupada por varios empregados.
Por que privatiza o INE os traballos da EPA?
A CIG denuncia que o Instituto Nacional de Estadística está a externalizar por primeira vez a recollida de datos e estudo de mostras da Enquisa de Poboación Activa. Traballadores dubidan das "intencións" de encargar a empresas alleas uns datos "tan sensibles e de gran prestixio".
Europa rexeita unificar o criterio sobre os transxénicos e reaviva o debate en Galicia
O Parlamento Europeo aproba que cada Estado decida sobre o uso de sementes modificadas e grupos ecoloxistas cren que as autonomías poderían vetar o seu cultivo. AGE presentou xa iniciativas para intentar prohibilos no país ante o "incumprimento" do acordo unánime da Cámara.
"Caballero non ten sensibilidade nin coñecemento social ningún"
ENTREVISTA Emilio Suárez, sacerdote en Coia e un dos voceiros da Asemblea Aberta, lembra que as obras na rotonda son só "a gota que rebordou o vaso" ante a falta de investimento social no barrio e censura o alcalde "por reprimir e ter nula capacidade democrática".
A Xunta elimina seis de cada dez euros para o fomento do galego no ensino público
Mantén conxelada un ano máis a dotación para promover a lingua nos centros, que descendeu en máis dun 62% e en medio millón de euros en catro anos. "Os cartos só son a punta do iceberg, o resultado dunha estratexia de desmotivación e desleixo", din os equipos de normalización.
"A política lingüística foi un fracaso, en Galicia hai inmersión en castelán"
Prolingua fai un chamamento aos políticos para que se "poñan mans á obra" e acaden un "consenso nacional" que "mude o rumbo catastrófico do idioma". A plataforma pretende servir de impulso para xuntar a dialogar á clase política ante "o abismo" no que se sitúa o galego.
Feijóo volve cargar contra a "falacia" da orixe social dos dirixentes de Podemos
O presidente da Xunta critica nunha entrevista en TVE que a formación "de fillos de avogados e profesores" queira "facerlle ver á xente que son de clase obreira cando non é verdade" e abre a porta a unha gran coalición co PSOE se o PP non obtén a maioría absoluta nas eleccións xerais.
"Intentan amedrentar a cidadanía criminalizando a protesta"
Dous dirixentes da CIG únense aos tres do BNG que responderán ante a xustiza pola protesta anti troika. Rubén Cela pregúntase como, ante acusacións tan graves, non houbo detencións naquel día e lembra como a xustiza xa culpou a policía de mudar a súa versión para acusar a Jorquera.
Outro golpe para Edgewater, que perde as concesións mineiras de Corcoesto
A lei de medidas fiscais e administrativas implica que as empresas con autorizacións denegadas perdan os dereitos mineiros sobre os terreos. Colectivos contra a mina e AGE piden que a Xunta proceda axiña a incoar o expediente que confirme a caducidade do proxecto.
O PP prometeu en campaña impulsar no Monte Pindo o parque natural que agora nega
O alcalde de Carnota denuncia o "puro interese electoral" dos populares da localidade en negar esta figura de máxima protección ao non ser o seu partido o gobernante. Os conservadores fixaran a declaración de parque natural como "prioridade" en dúas campañas electorais locais.
A Marea Atlántica decide desde este venres como se presenta ás eleccións locais
A iniciativa di ser "moderadamente optimista" respecto da confluencia das forzas políticas "que se sentiron interpeladas" e recoñece "compartir" melodía con Podemos. O proceso de cinco semanas decidirá a fórmula legal da candidatura, o método para o programa participativo e o código ético.