Feijóo gábase da súa política lingüística e de inverter o declive do galego
O presidente da Xunta presume de datos do IGE e considera que "se incrementa o cambio de tendencia en favor da lingua propia" ao tempo que adianta que activará desde a SXPL un plan para "dinamizar" o idioma en coordinación coa RAG e outras entidades.
As forzas progresistas únense na promesa de eliminar os símbolos franquistas na Coruña
Todas as formacións de esquerdas da cidade adhírense á proposta da CRMH, que pide retirar calquera símbolo da ditadura "nun prazo de tres meses" e cumprir así co acordo plenario. Os alcaldes de Vigo, Lugo e Verín, denunciados por incumprir a Lei da Memoria Histórica.
Bolsas de estudo municipais para rendas de 116.000 euros
O Concello da Coruña outorga axudas a familias con rendas superiores a 60.000 euros para que os seus fillos estuden inglés nos Estados Unidos. O grupo socialista denuncia que o cambio de baremo provoca que queden fóra mozos con moitos menos recursos económicos.
Os traballos no flotel de Pemex: horarios abusivos, precariedade e desregulación
As auxiliares que constrúen o buque da petroleira mexicana incumpren os acordos con Navantia de 2001, reducen os salarios, non pagan complementos pactados e obrigan a traballar ata doce hora seguidas. Os sindicatos preparan xa un calendario de mobilizacións.
A loita das mulleres galegas contra a invisibilidade da endometriose
A asociación QuerENDO agrupa mulleres galegas afectadas por esta doenza e fai unha "chamada á desesperada" para "renovar o compromiso coa loita contra a enfermidade". Contan xa co compromiso de varios eurodeputados e solicitaron unha xuntanza coa conselleira de Sanidade.
A investigación apunta a unha emboscada no asasinato do ultra do Deportivo
Datos dos informes policiais sobre os graves altercados aseguran que os afeccionados galegos foron sorprendidos mentres almorzaban, que os seus atacantes se repartiron coitelos de cociña dun bar e que radicais doutros equipos foron recollidos nun hotel a primeiras horas da mañá.
"De seguirmos este camiño, os fillos dos nosos fillos xa non falarán galego"
ENTREVISTA Menos dunha semana despois de que a RAG exixise á Xunta un cambio radical e inmediato na súa política lingüística, falamos co seu secretario, Henrique Monteagudo, que cre que agora é o PP quen "ten que facer unha reflexión" sobre cara a onde vai a lingua propia.
Marcha Edgewater... Chega Sacyr a Corcoesto?
A próxima cancelación dos dereitos mineiros da multinacional canadense pecha a porta ao proxecto inicial en Bergantiños pero abre a porta á construtora, aliada cunha importante financeira no negocio mineiro, que podería intentar retomar a polémica mina.
A Xunta entrega máis de 300.000 euros polo vídeo de Enrique Iglesias
O Executivo paga 302.500 euros á produtora do cantante para a "promoción do turismo de Galicia" a través dun vídeoclip no que aparecen imaxes de varias zonas do país. A subvención supera en máis de 55.000 euros a achega do Goberno ao fomento do galego nos concellos. Documento no interior
Galicia destrúe máis de 13.000 empregos en xaneiro
O paro rexistrado volve subir no país, desta vez en máis de 7.000 persoas. O mercado laboral galego calca os malos datos de xaneiro de hai un ano, ao perder case o mesmo número de afiliados á Seguridade Social e sufrir un idéntico aumento relativo do desemprego.
Alemaña non cede: "Hai un trato que cumprir"
Representantes dos poderes alemáns debaten con expertos e medios a súa visión de Europa e das políticas de austeridade na UE poñendo España como exemplo "de éxito", pedindo "paciencia" ante os recortes e advertindo do risco de futuros intentos de mudar o camiño marcado.
"Non hai punto final; é moi posible que se retome o proxecto de Corcoesto"
ENTREVISTA Cora Peña é directora do documental 'Tesouro de Corcoesto', traballo que debulla o conflito arredor da gran mina a ceo aberto que Edgewater pretendía en Galicia e que se presenta a vindeira fin de semana en Carballo logo de dous anos de intenso traballo.