Máis de trinta persoas mortas nunha cadea de atentados en Bruxelas
Dúas detonacións no aeroporto e outra nunha estación de metro achegada ás institucións comunitarias provocan cando menos 34 mortos, segundo os primeiros datos do Goberno belga.
"Cultivar, limpar e fixar o idioma galego": A RAG 'libera' os documentos das Irmandades da Fala
A RAG recolle desde hoxe na súa web fondos da institución sobre as Irmandades. A serie iníciase con 'Nacionalismo gallego. Nuestra afirmación regional', de Villar Ponte, que saíu do prelo hai hoxe cen anos. O Consello da Cultura abre tamén o álbum sobre o movemento aproveitando a efeméride.
"Non nos tremerá a man se temos que denunciar a España por non defender os mariñeiros galegos"
Alberto Paz é voceiro da plataforma Long Hope, que defende os xubilados que reclaman as pensións que lles nega Noruega. A presión do colectivo logrou o apoio público da confederación de sindicatos noruegueses e mesmo a apertura dun fondo solidario para colaborar no proceso xudicial.
O Sergas nega eivas na asistencia aos abortos malia recoñecelas hai un mes
Sanidade defende o protocolo seguido para as interrupcións do embarazo pasadas as 14 semanas de xestación a preguntas do PSdeG, que insiste en que non hai tal protocolo e que o criterio é "arbitrario". Menos do 8% dos abortos levados a cabo en Galicia realízanse na sanidade pública.
Galicia lidera as denuncias e sancións por incumprimento da Lei da Cadea Alimentaria
Máis de 3 de cada 10 denuncias por posibles infraccións da normativa chegan desde Galicia, onde se propoñen o 22% das multas do conxunto do Estado. Máis do 65% de inspeccións no país foron no sector lácteo, que supoñen o 28% do total realizadas sobre o leite en toda España.
Outro intento para que a Fiscalía investigue os abortos sen asistencia en Galicia
A Plataforma Galega polo Dereito ao Aborto reunirase co Ministerio Público para achegarlle casos concretos e individualizados de mulleres que denunciaron eivas no tratamento na sanidade pública e confían en que "actúe de oficio e abra investigación".
As tres vías para Podemos en Galicia
Entrevistamos os tres aspirantes á secretaría xeral da formación morada. Breogán Riobóo, Ángela Rodríguez e Carmen Santos responden ás preguntas sobre as diferenzas internas, o funcionamento de En Marea, a confluencia ou o dereito de autodeterminación.
"Non sabemos a que vén a polémica coa homeopatía; se fose útil, incorporaríase ao Sergas"
Borja Merino é un dos impulsores, xunto a outros estudantes de Medicina e varios científicos, dun manifesto que pide á USC que retire a pseudociencia da súa oferta educativa.
O Karbo: cando a elite do fútbol feminino estaba en Galicia
O Concello da Coruña presenta un documental sobre o equipo feminino coruñés, campión de España en varias ocasións a principios dos 80, nos que era referencia no Estado. "Había e hai unha débeda histórica con elas", di Óscar Losada, director do filme.
Estudantes de Medicina piden á USC que retire a pseudociencia da súa oferta educativa
Un manifesto reclama á Universidade que a cancelación dun máster de acupuntura e a non repetición dun máster de medicina natural e dun curso de verán de oncoloxía integrativa por ensinar terapias e tratamentos "que non contan cunha evidencia científica sólida".
Sánchez garante que o PSOE nunca "porá en perigo" os gobernos municipais das mareas
O líder do PSOE dáse un baño de masas na Coruña e asegura que, se goberna, terá en conta unha "axenda galega". Tende a man a Podemos pero renuncia a "un goberno só de esquerdas" e reclama "un executivo transversal" xunto a Ciudadanos.
A mareas votarán en cada municipio os "principios básicos" para confluír nas galegas
Aproban un borrador cos "marcos comúns" que será validado por cada plataforma local e que servirá de base para ampliar o proceso a outros procesos municipalistas e implicar a cidadanía.