Nin amigable da selección galega nin partido pola oficialidade
O presidente en funcións da Federación Galega de Fútbol di que é "imposible" que Galicia xogue neste Nadal malia os intentos previos e promete a volta do combinado no caso de continuar á fronte do organismo. Siareiros Galegos renuncia tamén a celebrar o encontro reivindicativo.
Unhas 10.000 persoas elixen os consellos cidadáns de Podemos en 19 municipios galegos
A formación comezou xa a campaña electoral para conformar as direccións locais en 45 concellos. En 19 deles os afiliados escollerán os membros do consello cidadán e noutros 26 elixirase tan só un dirixente local nunhas votacións que se celebrarán entre o 26 e o 30 de decembro.
Interior culpa o Depor dos erros de seguridade malia recoñecer que avisou da viaxe ultra
O Goberno acusa o club de non dar información "precisa" sobre o desprazamento dos Riazor Blues e destitúe os coordinadores de seguridade da entidade galega e do Atlético. A oposición recrimina a actuación do Executivo e lembra que tiña suficientes datos como para actuar antes.
A planta de Alcoa intensifica as protestas ante unha semana clave para o seu futuro
Traballadores da factoría coruñesa impiden a saída de camións con aluminio da fábrica e aumentan as accións de protesta ante unha semana fundamental para os 400 operarios ameazados cun despido colectivo en Galicia. O venres haberá unha gran manifestación na cidade.
"Para acabar coa violencia no fútbol tamén hai que darlle voz á bancada"
ENTREVISTA Manuel González Ramallal, doutor en Socioloxía, experto en socioloxía do deporte, galego e deportivista reflexiona sobre o futuro do fúbol e as bancadas tras o asasinato do afeccionado ultra do Deportivo en Madrid a pasada fin de semana.
Pedras do Ofimático para o Concello da Coruña
Veciños e membros de Stop Desafiuzamentos intentan entregarlle ao alcalde os restos da casa derrubada hai unha semana en Elviña e denuncian as "graves neglixencias" cometidas no desaloxo. O colectivo recadou xa preto de 4.000 euros para pagar as multas de varios activistas.
O asasinato do seareiro en Madrid pon un punto e aparte no trato aos ultras
O peche "provisional" da bancada onde se sitúan os Riazor Blues por parte do Deportivo tan só é unha medida inicial á espera de que remate a investigación policial e se aclaren os feitos. O grupo ultra medita a súa disolución definitiva tras os graves incidentes do pasado domingo.
A Coruña consuma o desaloxo dunha familia en Elviña tras unha forte resistencia cidadá
O Concello expulsa da súa vivenda unha muller, seu fillo e dous netos para poder equipar unha urbanización de 2.000 vivendas e cun enorme despregamento policial. Tres persoas, entre elas o bombeiro Roberto Rivas, permaneceron horas sobre o tellado para evitar a derruba dunha casa que o dono abandonou ante a forte presión.
A corrupción que salpica o PP non existe na TVG
Os telexornais da canle pública obvian ou minimizan as numerosas polémicas que asolan aos populares mentres magnifican os problemas que afectan outras formacións. Traballadores advirten dunha manipulación que se intensifica ao achegarse unha nova cita electoral.
"Ve-la Luz visibilizou problemas das vítimas que ninguén quería visibilizar"
ENTREVISTA Gloria Vázquez, presidenta da asociación en defensa de mulleres e nenos superviventes da violencia de xénero, explica os motivos que levan o colectivo ao seu peche despois de cinco anos de loita contra a "desprotección" das maltratadas e dos seus pequenos.
Varias columnas camiñan xa cara á Santiago para "encher o Obradoiro" o 29N
Catro columnas do sur das Marchas da Dignidade comezaron a andaina a pasada fin de semana e uniranse en Pontevedra para dirixirse xuntas cara á Compostela, ata onde chegarán tamén as columnas de Ferrol e da Coruña, que iniciarán o camiño entre este martes e mércores.
Ve-la Luz pecha as súas portas: "Non nos queren porque imos contra o sistema"
A asociación para a defensa das mulleres e nenos sobreviventes da violencia de xénero abandonará a súa actividade a finais de ano ante "a falta de apoio e desprotección absoluta". O colectivo atende na actualidade 130 persoas, case trinta deles menores de idade.