A Fiscalía arxentina reclama visitar 'in situ' as fosas do franquismo en Galicia
O fiscal federal exhorta a xuíza que instrúe a causa contra a ditadura a viaxar a Galicia para visitar as foxas cos restos de asasinados polo fascismo nun ditame no que detalla as denuncias de varios galegos e na que se baseou a maxistrada para ampliar as solicitudes de extradición.
A xustiza rexeita o recurso e condena o bombeiro que se negou a desafiuzar a Aurelia
A xuíza considera probado que a súa actuación "produciu unha alteración da orde pública" e condénao a pagar 600 euros de multa a Roberto Rivas, que acusou a policía de cambiar a versión dos feitos, tal e como recoñeceu o xulgado no caso de Jorquera, que non foi sancionado.
As mareas cidadás reforzan a súa "cooperación en código aberto"
As inciativas municipalistas galegas celebran a súa segunda xuntanza e continúan a "compartir ferramentas e instrumentos" das que cada proxecto "tirará proveito no seu espazo". As primarias abertas, o programa participativo ou a comunicación, as "claves" do debate.
BNG e Anova: "O 9-N non é unha anécdota, é unha revolución democrática"
As dúas formacións nacionalistas, que, exerceron de observadores na consulta catalá, coinciden en destacar a elevada participación nun proceso participativo "moi cívico, moi optimista e feito con moito rigor".
"Como pode España estar na UE sen cumprir a lei coa querela contra o franquismo?"
ENTREVISTA Inés García Holgado, promotora da querela arxentina contra a ditadura fascista xunto ao galego Darío Rivas, visita Galicia e volve criticar o Goberno español por non colaborar coa xustiza. "O que pasa aquí é algo incrible; debería haber presión internacional", di.
Ourense en Común confirma outra candidatura cidadá máis en Galicia para as municipais
A iniciativa acada os 1.500 apoios que se marcara como aval para presentar unha lista de confluencia aos comicios locais e únese á Marea Atlántica, que confirmou xa que estará presente nas eleccións. O movemento ourensán empeza agora os contactos coas formacións políticas.
Para non perderse: Así salpica a trama Zeta ao PP
A investigación da trama Zeta está salferida de mencións a dirixentes do PP galego, partido ao que, segundo a Policía, recibiu 17.000 euros procedentes da caixa 'B' das empresas de Crespo. Repasamos as indagacións, chamadas e comunicacións que salpican a Feijóo, Negreira, Mato, Romay Beccaría e Flores.
O "risco" no que a Xunta de Feijóo coloca a sanidade pública galega
SOS Sanidade Pública presenta un informe no que detalla as consecuencias das "medidas de recorte e privatización impostas polo PP no sistema sanitario público desde 2009" e anuncia unha gran mobilización cidadá para o vindeiro mes de decembro. Vexa o vídeo no interior.
O Valedor dá outro pau á mina de Corcoesto ao reafirmar a invalidez da autorización ambiental
O Alto Comisionado insiste nun informe que o visto e prace outorgado pola Xunta, e que segue vixente, é papel mollado e lembra que "se Edgewater pretende retomar o proxecto, a única posibilidade que ten é presentar unha nova solicitude".
A implantación de Podemos en Galicia
A formación supera os 13.500 inscritos no país, situándose como unha das comunidades que achega maior número de simpatizantes. A provincia da Coruña é a terceira do Estado con maior ratio de afiliados, cuxo número se incrementou nun 140% nos dous últimos meses.
A denuncia da trama dos cursos falsos á que ninguén fixo caso en 2010
Fiscalía, UE e Estado obviaron hai catro anos as denuncias do alcalde de Oleiros pola "montaxe" que supuñan as subvencións públicas ás empresas de Gerardo Crespo. García Seoane di agora sentirse "satisfeito" pero "tamén frustrado" por non ter sido escoitado daquela.
A Marea de Vigo colle forza e inicia os contactos coas forzas políticas
O proceso de confluencia da urbe viguesa alcanza xa arredor do milleiro de sinaturas, espállase polos barrios e iniciará nos vindeiros días as xuntanzas coas forzas política da esquerda rupturista de cara a unha candidatura unitaria para as municipais.