A "intermediación" de Gerardo Crespo con Carlos Negreira
O alcalde da Coruña limita a súa relación co líder da trama á que mantén con "calquera outro representante de veciños" pero os investigadores revelan os seus "intentos de amaño" de adxudicacións co Concello e o relevante vínculo do empresario co rexedor e coa administración local.
A xustiza conclúe que a policía mudou a súa versión para acusar a Jorquera no desaloxo de Aurelia
O xuíz non atopa "unha explicación clara, coherente e crible" da razón pola que o deputado do BNG foi denunciado mes e medio depois malia non ser incluído antes no atestado policial e condena a Subdelegación do Goberno por "vulnerar os seus dereitos fundamentais".
Filoloxía Galega, entre as peores carreiras do Estado para atopar traballo
É a sétima licenciatura con peor inserción laboral, segundo un informe do Ministerio de Educación, e a segunda que menos titulados traballando tiña un ano despois de licenciárense. Medicina e Óptica, as que teñen máis licenciados con traballo.
Feijóo deféndese da trama dos cursos falsos presumindo de loita contra a corrupción
O presidente da Xunta ataca o bipartito e asegura que a operación Zeta foi posible grazas ás denuncias do seu Goberno, malia que o sumario salpícao xa e sitúa un dos seus amigos como o mediador entre a trama corrupta e a cúpula do seu partido.
A aposta de Podemos por non concorrer ás municipais fortalece as mareas cidadás
A proposta de "apoiar e implicarse" nas iniciativas municipalistas que respecten os valores do partido vence con claridade nas votacións e dá pulo a varias das mareas xurdidas en Galicia, nas que xa participaban membros dos círculos da formación que lidera Pablo Iglesias.
A taxa de protección dos parados galegos cae sete puntos en tres anos
Tan só un de cada tres desempregados galegos percibe algunha prestación, unha desprotección que aínda é moito peor entre os mozos, dos que apenas un de cada dez que non teñen traballo cobra algo.
As touradas da Coruña tan só venderon un terzo das entradas
O expediente municipal da feira taurina celebrada en outubro revela que houbo case tantas invitacións como billetes vendidos. Máis de 5.200 persoas foron convidadas a un evento que supuxo un gasto duns 100.000 euros para o Concello.
O 70% dos contratados a tempo parcial prefire un traballo a xornada completa
A lixeira mellora dos datos do desemprego en Galicia volven agochar o empeoramento das condicións laborais. As persoas ocupadas a tempo parcial por non atopar xornada completa soben un 77% en cinco anos.
A Fiscalía investiga os danos de Cosmos na Cova Eirós, que sofre xa graves estragos
Abre dilixencias de investigación polos traballos da cementeira que están a estragar en Triacastela o importante xacemento, que carece de vixilancia desde o pasado mes de agosto e onde se puideron comprobar xa importante prexuízos.
Os mortos viventes volven á Coruña polo festival FKM
O Festival de Cinema Fantástico Freakmazine (FKM) aséntase como unha cita imprescindible para os amantes do xénero de terror e de ciencia ficción con cinco días cunha morea de actos.
"Mobilizarse polo galego é máis necesario ca nunca"
A Xunta celebra este mércores no Parlamento o décimo aniversario dun Plan Xeral de Normalización do que case nada se cumpre e coas estatísticas do IGE e os Orzamentos teimando na precaria situación da lingua. Queremos Galego chama á mobilización polo idioma.
Edgewater ameaza Corcoesto e advirte do apoio dunha empresa para retomar a mina
A empresa anuncia negociacións cunha empresa española que avalaría o proxecto e lle permitiría cumprir os requisitos para unha explotación mineira que foi denegada pola Xunta, á que presiona situándoa nas negociacións con ese investidor e da que espera o visto e prace.