A indefensión ante un novo Prestige (e a súa sentenza) case un ano despois
Varios expertos analizan nun seminario as eivas da polémica resolución xudicial sobre a catástrofe e a falta de cobertura legal para evitar un desastre semellante. "Quen di que o fuel se vai solidificar debería ser imputado; é un cooperador necesario", di un dos participantes.
Europa avalía a situación do galego obviando a visión dos técnicos de normalización
O comité de expertos do Consello de Europa reúnese este luns en Compostela con varias entidades para avaliar o cumprimento da Carta Europea das Linguas pero non convoca nin a Coordinadora de Traballadores de Normalización nin os equipos de normalización do ensino.
Máis de 112.000 parados galegos xa non cobran prestación
A taxa de cobertura volve descender en Galicia, sitúase no 57,5% e é cinco puntos inferior á de hai un ano. Tan só uns 56.600 desempregados perciben prestacións contributivas, mentres que hai máis de 67.000 que cobran subsidios ou rendas de inserción.
A cementeira Cosmos exixe 45.000 euros aos críticos co seu labor en Triacastela
Demanda o presidente da asociación O Iribio por "danos e prexuízos no seu honor" polos comentarios nas redes sociais sobre os seus polémicos traballos. É a última das varias demandas recibidas por veciños que loitan contra os danos no patrimonio cultural e paisaxístico da zona.
A Marea Atlántica alcanza a costa e presentarase ás eleccións municipais
A iniciativa cidadá anuncia que concorrerá aos comicios locais da Coruña e convoca un grande acto público para o vindeiro 17 de outubro, previo á gran Marea Viva de decembro, onde se avanzará xa no programa e na forma da candidatura.
"Non tería sentido unha consulta na que non participasen os partidarios do 'non"
Pere Tobaruela, escritor e coordinador da ANC en Galicia, advirte de que a sociedade catalá "seguirá manifestándose pacificamente" pase o que pase polo dereito a decidir e pide "sentido común" aos políticos e máis "madurez" a un Goberno central ao que reclama "diálogo".
As mareas cidadás buscarán unha estratexia común na Marea municipalista
A Marea Atlántica convoca as iniciativas "que procuran un proceso de confluencia liderado pola cidadanía" a un encontro na Coruña o vindeiro sábado 4 de outubro para "poñer en común metodoloxías" e "afrontar colectivamente os desafíos e preocupacións" de cara ás eleccións locais.
A Marea Atlántica acada os 2.500 apoios que pedía para seguir adiante
O movemento supera xa o número de sinaturas mínimo que se marcara como obxectivo cinco días antes de que rematase o prazo e continúa reforzado o seu proceso para conformar unha candidatura de confluencia cidadá de cara ás eleccións municipais de 2015.
Os papeis que acusan a dona de Méndez de obter pisos de Caixa Galicia a baixo prezo
Os documentos achegados á CIG, e aos que tivo acceso Praza, desvelarían a compra á entidade de 14 inmobles por 1,5 millóns de euros fronte a unha taxación de case 300.000 euros máis durante o ano previo á fusión e até dous días antes de que nacese Novacaixagalicia.
Louzán tamén quere presidir a Federación Galega de Fútbol
O popular e presidente da Deputación de Pontevedra enfrontaríase na carreira eletoral a José García Liñares, actual presidente da entidade e alcalde de Cerceda polo PSdeG.
"O novo ministro de Xustiza presionoume co de Angrois, tería que ter dimitido pero ascéndeno"
Teresa Gómez-Limón, deputada madrileña que deixou o PP pola súa xestión do accidente ferroviario, cualifica de "indigno" a Rafael Catalá, secretario de Estado de Fomento no momento do sinistro, ao que acusa de ser "responsable político" da traxedia de Compostela.
"Non colaborarei nunca en desafiuzamento ningún; antes deixo de ser bombeiro"
Roberto Rivas, o bombeiro que se negou a participar no desaloxo de Aurelia Rey, fala con Praza dun xesto que deu a volta ao mundo e volve defender con firmeza a "desobediencia civil e pacífica" ante a "represión" que cre que supoñen algunhas leis.