Galegos coa consulta catalá, cataláns polo referendo desde Galicia
Á plataforma Galiza con Catalunya únese agora a delegación galega da ANC, que transmite desde o país o valor da "revolución tranquila e pacífica" que desenvolve o pobo catalán e o "exercicio de democracia real e práctica" que suporía o referendo do 9 de novembro.
A "trama corrupta e sancionadora" que os preferentistas levan ante a xustiza
A plataforma do Baixo Miño recorre as numerosas e "arbitrarias" sancións que lles foron impostas por mobilizarse contra as antigas caixas de aforro e que superan os 18.000 euros e as vinte persoas afectadas. O colectivo ve nelas un intento de "criminalización" e sinala a Louzán.
A Liga máis galega
Cos dous grandes, Deportivo e Celta, xuntos de novo na elite, Galicia aumenta o seu protagonismo nunha Primeira División con cada vez máis xogadores da terra e moitos deles líderes e estrelas dos seus equipos.
NWF, as outras historias do fútbol galego
'North West Football Magazine' é un proxecto xornalístico que nace coa idea de descubrir "o contido humano que se agocha tras moitas das historias" do deporte rei en Galicia.
Facenda impón novas sancións a emigrantes malia anunciar que se retiraban
Continúa coa vaga de multas aos pensionistas a pesar de que o Estado anunciou hai máis dun mes que as retiraría. A Axencia Tributaria asegúralles que continuará co proceso ata que se reforme a normativa.
As 'mareas' cidadás galegas buscan xa un espazo de encontro
A Marea Atlántica da Coruña chama aos diferentes procesos de confluencia que agroman no país a crear un ámbito común de cooperación ante o desafío das municipais. Somos Maioría celebra este domingo unha xuntanza cos impulsores de iniciativas creadas ao seu abeiro en varias vilas.
"Reino Unido minimizou a vontade do pobo de Escocia; pensou que tiña gañado o referendo"
A galega Pilar Fernández coordina a campaña internacional 'Solidarity with Scotland' e explica o proceso que se vive nun país que afronta coa incerteza do resultado o referendo do vindeiro 18-S. "A independencia é unha cuestión de xestión de recursos e non de identidade", di.
"Aparquemos as siglas para unha fronte común que dignifique o país"
Somos Maioría, cuxo manifesto deu pulo á confluencia da esquerda en varias vilas, celebra unha xuntanza nacional este domingo en Compostela tras as reunións de asinantes en máis dunha ducia de localidades. A iniciativa aclara que as 'mareas' "son compatibles e partes dun mesmo proceso".
"Volveríao facer; os bombeiros non estamos para botar xente da casa"
Máis dun cento de persoas apoian ante os xulgados a Roberto Rivas, sancionado pola Subdelegación do Goberno por non colaborar no deasfiuzamento de Aurelia Rey. O bombeiro defende a "desobediencia civil" como forma de "combater a violencia legal".
A Xunta forza a implantación da Lomce, "improvisada e ás présas"
As organizacións de anpas galegas advirten da "multiplicación de problemas" que suporá a lei Wert nun ensino público galego xa danado por anos de recortes. "É o intento do PP de seguir creando obreiros e do Goberno galego de satisfacer a Rajoy e a Wert".
Meirás só abre para a familia de Franco
A Comisión para a Recuperación da Memoria Histórica e a oposición de Sada alertan do peche do pazo malia o réxime de visitas obrigado pola condición de BIC do edificio, que ten as reservas completas segundo o servizo de reservas. A portada do Hola! reaviva a polémica.
A 'marea' cidadá tamén chega a Ourense
Membros de diferentes movementos sociais e políticos da cidade lanzan un proceso que segue o ronsel da Marea Atlántica ou de Guanyem e que procura a confluencia nunha candidatura cidadá para as eleccións municipais de 2015.