A loita das mulleres tomba a reforma do aborto do PP e 'varre' a Gallardón
Rajoy confirma que o Goberno renuncia á contrarreforma e o ministro de Xustiza dimite ás poucas horas aclarando que o proxecto "era do Goberno de España". A Plataforma polo Dereito ao Aborto celebra "a vitoria" que atribúe á "loita social e do movemento feminista".
E se vivimos o derbi como galegos?
Dirixentes das federacións de peñas de Celta e Deportivo reflexionan sobre a rivalidade e a posibilidade dun partido en harmonía e piden aos políticos que se impliquen nese obxectivo. Os dous soñan con poder visitar aos veciños sen ter que ser escoltados ou sen agochar as camisetas.
A Coruña volverá saír á rúa contra as touradas "e contra a 'tauromafia"
Galicia Mellor sen Touradas convoca manifestación coincidindo cunha feira taurina que se volverá celebrar -e subvencionar- na Coruña malia o fracaso no concurso de agosto e o rexeitamento popular. As facilidades postas polo Concello e a presión dos taurinos facilita a súa volta.
A presión do 'lobby' taurino e as facilidades do Concello devolven as touradas á Coruña
Unha empresa podería asumir o evento en outubro logo de que o concurso quedara deserto en agosto e malia o escaso público dos últimos anos. A administración local rebaixou o canon nun 60% e mantén a subvención indirecta mentres os taurinos presionan para "salvar a festa nacional".
Abanca exixe ao seu persoal pedirlle permiso para participar en política ou sindicatos
A dirección da entidade resultante das antigas caixas cre que participar en partidos, institucións públicas, organizacións sociais ou sindicatos "pode ser incompatible co exercicio activo no banco" e que certas condutas "incívicas" poden ser denunciadas legalmente.
Os incumprimentos "máis alarmantes" do Plan Xeral de Normalización
O informe d'A Mesa que avalía a eficacia das medidas consensuadas no Parlamento hai agora dez anos confirman o masivo incumprimento das propostas dun Plan que quedou en papel mollado nas inmensa maioría das súas reivindicacións e obxectivos.
O Plan Xeral de Normalización, dez anos sen normalizar a lingua
O conxunto de medidas aprobadas por unanimidade no Parlamento para favorecer o galego cumpren unha década sen resultados e desdeñadas polo actual goberno de Núñez Feijóo, ao que Prolingua e A Mesa culpan de ser o maior culpable do "retroceso" do idioma propio.
A UD Ourense, a rebelión do fútbol popular
A estrea deste novo equipo, que recolle o espírito do desaparecido Ourense, xuntou 700 seareiros nun partido da última categoría provincial. "O proxecto parte do sentimento", explica a directiva dunha entidade de accionariado popular controlado exclusivamente polos socios.
O Estado ten que devolver 20 millóns polas multas cobradas a emigrantes retornados
Así o recoñeceu o ministro Montoro tras unha interpelación do BNG no Congreso, onde recoñeceu que seguiron chegando notificacións malia a paralización das multas e tras insistir en que Facenda seguirá aplicando a retroactividade e regularizando a tributación desde 2008.
A Marea Atlántica segue a subir e apaña apoios nos partidos de esquerda
Varias das organizacións políticas reunidas co movemento cidadán, dispostas a integrarse nel e renunciar á súa propia candidatura na Coruña. Á espera de concretarse o programa, EU, Anova, ecosocialistas ou Equo parecen convencidos dunha decisión que non descartan nin Podemos nin BNG.
Un derbi galego, a primeira filmación dun partido de fútbol en España
Un encontro entre o Deportivo e o Vigo Football Club foi o primeiro filmado e proxectado en todo o Estado, segundo revela Cihefe, Centro de Investigacións de Historia e Estatística do Fútbol Español.
"Somos galegos, vivimos en Catalunya e tamén queremos votar"
Catro emigrantes galegos reflexionan antes da Diada sobre o proceso soberanista e a consulta. Malia as súas diferentes posicións, todos coinciden en que a situación non é tal como se conta e en que o pobo ten dereito a ser consultado. "Nós tamén queremos votar", din.