Pemex apraza por quinta vez a adxudicación dos floteis que prometeu Feijóo
A petroleira non decidirá ata xaneiro se Galicia constrúe os dous buques que a Xunta prometera hai un ano e tres meses. A decisión estaba prevista para esta medianoite.
Cinco anos sen selección galega
O 28 de decembro de 2008 a selección galega disputou o seu último partido, xusto antes de que a Xunta impedise que continuase a xeira de encontros iniciada en 2005. O colectivo Siareiros Galegos mantén aceso o lume da Irmandiña mentres a Federación Galega de Fútbol traballa na recuperación do combinado absoluto para 2014. Vídeo no interior
"Se temos lingua e temos cultura, temos que ter dereito a ter unha selección"
A Plataforma Pro-Oficialidade Galega homenaxea este sábado a Pilar Neira pola súa "incansable loita" pola "dignificación do deporte feminino e polo dereito do país a ter seleccións propias". A ex futbolista e adestradora confía en recuperar o partido de Nadal para Galicia o vindeiro ano.
A querela arxentina contra o franquismo colle pulo en Galicia
A Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña únese ao proceso aberto en Bos Aires contra a ditadura franquista para que "sirva de impulso a represaliados ou familiares" para presentar denuncias e pide o procesamento dos ministros franquistas aínda vivos.
Lendoiro abandona o Deportivo tras 25 anos na presidencia
Anuncia que non se presentará á reelección logo de perder o apoio dos accionistas na última xunta. "O deportivismo quere un cambio", di quen marcha do club coruñés logo dunha exitosa colleita deportiva pero deixando a entidade nunha precaria situación económica e institucional.
Alternativas reais para que os concellos se 'libren' de Sogama
Adega publica difunde medidas, baseadas na compostaxe gradual, para que os municipios aforren e reduzan a dependencia da planta de Cerceda. "A rebelión non pode ficar só no económico; trasladar a presión á Xunta para moderar o 'taxazo' non pode ser o único obxectivo", di.
"Escotet é de fóra, non deste país de chourizos, e igual ten a palabra que aquí non houbo"
A coordinadora galega de afectados polas preferentes pide unha reunión urxente coa nova dirección de NCG. Advirte de que quere "feitos e non promesas", pero dá un voto de confianza ao presidente de Banesco, que asegurou unha solución á estafa en noventa días.
O día a día cunha nova lei do aborto que xa é contestada na rúa
Analizamos dez posibles situacións que se atoparán as mulleres que decidan interromper o seu embarazo coa nova norma proposta polo PP e contra a que xa houbo varias mobilizacións en Galicia.
O PP impón a súa vontade sobre os dereitos das mulleres
O aborto deixa de ser un dereito e a muller só terá a última palabra en caso de violación. A nova norma aprobada polo Consello de Ministros elimina os prazos para abortar libremento e pide máis requisitos para interromper o embarazo en caso de enfermidade do feto.
Novagalicia, Barreras, Pescanova... Galicia está de saldo
A crise e a falta de resposta colectiva da Xunta e do capital galego levan por diante o seu sistema financeiro, ademais de empresas claves como Barreras, Pescanova ou anteriormente Fenosa.
A enciclopedia do fútbol que conquista o mundo desde Galicia
Fútbol-Táctico dá soporte a milleiros de adestradores de fútbol e fútbol sala, conta xa con 100.000 subscritores e espera alcanzar os dous millóns de usuarios en dous anos tras a súa aterraxe na China. A metade dos técnicos do fútbol profesional español son usuarios da plataforma.
E que pasa agora co persoal de Novagalicia?
Máis de 4.500 traballadores e traballadoras están pendentes do seu futuro tras a venda da entidade a Banesco, que asegura que manterá o cadro de persoal, algo do que os sindicatos non se fían tras eliminarse a metade dos postos de traballo das antigas caixas. A CIG pide que se retire o ERE vixente