Oito mulleres retoman a folga de fame de Ve-la Luz
Comezaron este luns a protesta na Coruña menos dun mes despois de rematar a anterior. Pretenden "rachar o silencio" que rodea a violencia machista e denunciar "represalias" polas súas denuncias e a "falta de aplicación" das leis.
As anpas galegas divídense en dúas confederacións
A Confederación de Anpas Galegas preséntase este martes en Compostela e aclara que "non nace por oposición a ninguén".
PP e PSOE 'tragan' cun informe "descafeinado" de Europa sobre as rías galegas
O borrador final, que será votado o día 16, non conta co apoio de dous dos tres membros da misión que visitou Galicia, que piden que se eliminen as recomendacións aprobadas. BNG e IU censuran que o texto só pretenda "lavarlle a cara ás administracións". Consulte o informe e as emendas no interior.
As mulleres de Ve-la Luz volven á folga de fame contra a desprotección das vítimas
Oito delas comezan outra protesta o vindeiro luns, tras a que remataron hai menos dun mes, para denunciar "a normalización social e mediática da impunidade" dos maltratadores e contra a "fría inoperancia e desprezo" das institucións.
A Fegamp volve rexeitar a suba do canon de Sogama e di tamén non ao seu aprazamento
A executiva decide non ratificar o acordo alcanzado coa Xunta a pasada semana ante a falta de consenso e logo de que os socialistas o considerasen "insuficiente" unha medida que, ao igual que os nacionalistas, consideran tan só "un parche".
Rajoy insiste en suprimir o Valedor, Meteogalicia e o Consello de Contas
O Goberno propón a centralización e a eliminación do defensor, do servizo meteorolóxico ou do órgano fiscalizador, ademais de recortes no Inega ou a fin do Consello da Xuventude ou do Observatorio da Infancia. Consulte o informe no interior.
"O desleixo da Xunta enfróntanos a unha posible e elevada multa da UE"
Serafín González, presidente da SGHN, analiza o informe presentado ante a Comisión Europea no que se denuncia o Goberno galego pola degradación dos espazos naturais incluídos ou candidatos á Rede Natura e advirte da gravidade da situación.
Cando o galego é a escusa para negar unha bolsa de estudo
A Mesa pide aos reitores das tres universidades que "tomen cartas no asunto" e denuncia que a Xunta "non reaccionase" aínda logo de que o Goberno negase unha bolsa a unha alumna por adxuntar o seu certificado de estudos na lingua propia.
"Xa hai máis concellos pensando en saír de Sogama"
Adolfo Muíños, alcalde de Rianxo, vén de anunciar a saída do seu Concello da planta de Cerceda para integrarse no modelo de compostaxe de Serra do Barbanza. Recoñece que a decisión xa estaba meditada, pero que a suba do canon foi "o empurrón definitivo".
A Xunta, denunciada ante a UE pola degradación dos seus espazos naturais
A Sociedade Galega de Historia Natural certifica ante a Comisión Europea a "dramática" situación de áreas incluídas ou propostas para a Rede Natura pola "neglixencia, falta de vixilancia ou incompetencia" da administración galega e do Estado.
Un partido histórico (e unha festa) en Riazor
O estadio coruñés agarda un cheo para o encontro, case inédito, entre Deportivo e Lugo, que se atopan en Liga case 40 anos despois no alto da táboa de Segunda. As afeccións apostan por "unha festa do fútbol galego" neste enfrontamento entre veciños.
Endebedados e hipotecados polas multas de Facenda ao seu tío falecido
A campaña sancionadora da Axencia Tributaria afecta tamén a familiares e herdeiros de pensionistas falecidos que fan fronte ás declaracións e intereses de demora reclamados. Unha veciña da Illa de Arousa, obrigada a pedir un préstamo, explica a Praza o seu caso.