A fin da mina de Corcoesto: definitiva ou temporal?
A Xunta anunciou a paralización da mina en Bergantiños e os colectivos contrarios advirten da necesidade de "seguir vixilantes" ante a posibilidade de que outra empresa con maior solvencia asuma ese proxecto ou outros en Galicia.
"O primeiro obxectivo non é asumir o copago, senón loitar e facer recuar o PP"
Federico Gutiérrez, alcalde de Riotorto, foi o primeiro en anunciar que o seu Concello asumiría o novo copago farmacéutico. A el uníronselle media ducia de rexedores máis, incluído algún do PP. No entanto, aínda aspira a que a mobilización social obrigue o Goberno a dar marcha atrás.
PP e PSOE únense para recuperar o voto emigrante cunha 'contrarreforma' da lei
Queren derrogar o control legal do censo exterior que impide o voto nas municipais e que implanta o 'voto rogado', que provocou un gran descenso na participación dos emigrantes nos últimos comicios.
Castela e León forza a cambiar de centro aos alumnos que queiran estudar galego no Bierzo
Incumpre o acordo coa Xunta, elimina aulas e propón aos rapaces renunciar á lingua galega ou matricularse noutro instituto se queren seguir co programa. Afectados e colectivos recorren ao Defensor e ao Parlamento Europeo para denunciar a situación.
A UE ponlle máis atrancos a proxectos megamineiros como o de Corcoesto
A Eurocámara propón a modificación da Directiva de Impacto Ambiental, que exixirá ás minas a ceo aberto a autorización previa da Comisión e aumentará os requisitos e o control sobre iniciativas como a de Cabana de Bergantiños.
O naval esmorece entre as promesas incumpridas de Feijóo
Nada se move no sector desde que a Xunta proclamara un mellor futuro para os estaleiros, que levan máis dun ano agardando polos dous floteis de Pemex e que nada saben do dique flotante, dos quimiqueiros ou de calquera carga de traballo.
A iniciativa popular dálle a Ferrolterra a súa escola infantil en galego
O proxecto cooperativo Avoaescola abre en Narón o seu primeiro centro infantil co idioma propio como lingua vehicular, pero advirte da necesidade de máis apoios para asentar a iniciativa e espallala a máis zonas de Galicia.
"Contra o acordo con Mauritania, houbo máis votos de Portugal que de España"
A maioría de eurodeputados españois abstívose ou votou a favor do protocolo que expulsa a frota galega do caladoiro. A referencia de prensa en español da UE obvia os prexuízos para Galicia e as recomendacións da Comisión de Pesca que si aparecen en portugués ou inglés.
Máis fondos da UE dos agardados, pero menos dos necesarios
Feijóo presume das negociacións que permitirán a Galicia recibir 2.800 millóns de Europa para o período 2014-2020, algo máis do esperado pero case a metade dos 5.400 recibidos nos sete anos anteriores.
Os recortes do PP "obrigan" a varios concellos a asumir o novo copago
A medida anunciada por Riotorto, que subvencionará o repagamento farmacéutico, espállase por outros municipios que se rebelan contra Estado e Xunta. "Non vou deixar morrer ningún veciño por non poder pagar as menciñas", di o alcalde de Pedrafita.
Os emigrantes galegos fan fronte común contra o "saqueo" de Facenda
Agrúpanse na Coordinadora Nacional Galega de Emigrantes Retornados, que xunta as diversas plataformas creadas para se defender do "roubo" da Axencia Tributaria, que segue a campaña de sancións que pode afectar xa a 300.000 persoas no país.
O enorme custo social da reforma local
Traballadores e educadores sociais ven no proxecto a fin da actual política social e á volta "ao asistencialismo e a beneficiencia". Advirten do "criterio economicista" como o único dun proxecto moi daniño para Galicia pola perda de calidade e proximidade dos servizos sociais.