A alcaldesa do PP que tamén fai fronte ao copago farmacéutico
Cerdido asumirá o copago de medicamentos para os veciños con problemas económicos. "Non me sitúo contra o partido, sitúome baixo a miña conciencia", di a rexedora popular, que confía nunha solución desde a Xunta e que se une aos concellos populares de Boborás e Vilanova no rexeitamento á medida.
Máis de 150 colectivos fan fronte común xunto aos concellos contra o novo copago
Únense na Iniciativa Galega pola Gratuidade na Sanidade liderada por Riotorto, primeiro concello que anunciou que asumiría o repago farmacéutico, e por outros municipios contrarios á medida. Convocan varias mobilizacións, a primeira o vindeiro día 8.
Emigrantes intensifican a protesta ante o silencio do Goberno polas multas de Facenda
As diferentes plataformas maniféstanse ante as delegacións de Facenda de 16 localidades. Reclaman a paralización das sancións, máis e mellor información e un réxime unificado do IRPF para as pensións de diferentes países.
A folga de fame "silenciada" das vítimas da violencia de xénero
Sete mulleres galegas suman quince días de protesta reclamando "protección real" para as maltratadas e denuncian a "censura" que a súa acción está a sufrir en Galicia.
"A Xunta estase rindo de nós; teremos que recuperar o Pindo por nós mesmos"
Ramón Noceda, alcalde de Carnota, censura o "desleixo absoluto" do Goberno galego tras o incendio do verán, advirte dos "espectaculares" danos das escorrentías e anuncia que o Concello prepara xa un plan de actuación á marxe da Administración autonómica.
Tan só tres de cada dez paradas galegas percibe prestación
A taxa de protección en Galicia sitúase no 34,7%, case trinta puntos menos que a taxa de cobertura, que só inclúe os parados rexistrados e non se basea na EPA. Máis de 180.000 desempregados non cobran subsidio ningún.
Artistas retiran obras da Fundación Luís Seoane en protesta pola destitución da directora
Francisco Pillado e Lino Braxe deciden retirar seis obras do autor cedidas a unha mostra para protestar pola marcha de Silvia Longueira, apartada da dirección polo Concello da Coruña.
Lodos e cinzas do incendio do Monte Pindo chegan xa ao mar e ás aldeas
"A situación é gravísima", denuncia a Asociación Monte Pindo Parque Natural e o Concello de Carnota, que acusan de desleixo e de "só querer sacar a foto" á Xunta e que alertan dos danos medioambientais, pero tamén sobre o sector pesqueiro e marisqueiro da zona.
David Fernández: "Non quero vivir da política, pero iso non ten mérito ningún"
O deputado de AGE deixa o Parlamento para emigrar a Dinamarca e traballar na investigación científica. "Non é meritorio nin relevante", di, tras recoñecer que en ocasións tivo "dificultades" para se "conter e non contestar as barbaridades que se din na Cámara".
A 'rebelión' contra o copago farmacéutico espállase xa por vinte concellos galegos
A Pontenova e Castroverde son os últimos en unirse á lista de municipios que asumirán o novo repago nos medicamentos imposto polo Goberno central. A maioría teñen gobernos socialistas ou nacionalistas, pero ata un alcalde do PP decidiu seguir o exemplo que iniciou Riotorto.
"A reforma local tamén quere evitar que se leven a cabo políticas alternativas"
Francisco García, alcalde de Allariz e vicepresidente da Fegamp, recórdalle aos deputados galegos do PP que "terán que aclarar por que van en contra" do rexeitamento unánime á lei que os seus alcaldes acordaron co resto de municipios do país.
A presión do PP mantén encallado o informe europeo sobre as rías galegas
Nove meses despois da súa visita a Galicia, os europarlamentarios non dan consensuado un texto, ao pretender o deputado conservador obviar a responsabilidade das autoridades na contaminación das rías.