A enciclopedia do fútbol que conquista o mundo desde Galicia
Fútbol-Táctico dá soporte a milleiros de adestradores de fútbol e fútbol sala, conta xa con 100.000 subscritores e espera alcanzar os dous millóns de usuarios en dous anos tras a súa aterraxe na China. A metade dos técnicos do fútbol profesional español son usuarios da plataforma.
E que pasa agora co persoal de Novagalicia?
Máis de 4.500 traballadores e traballadoras están pendentes do seu futuro tras a venda da entidade a Banesco, que asegura que manterá o cadro de persoal, algo do que os sindicatos non se fían tras eliminarse a metade dos postos de traballo das antigas caixas. A CIG pide que se retire o ERE vixente
O venezolano Banesco queda cos restos das caixas galegas
O FROB vende por 1.003 millóns de euros Novagalicia Banco, que foi rescatada con 9.000 millóns en axudas públicas tras o fracaso da fusión que a Xunta avalou
O acordo con Pemex: algunha boa nova entre incumprimentos masivos
A petroleira confirma a construción de cinco buques en Barreras, pero non asegura o flotel para Navantia, desbota renovar a frota menor en Galicia e nada di dos catorce remolcadores que tamén prometera Feijóo.
O informe das rías, o colofón a un proceso "contra a democracia"
A aprobación das recomendacións da Eurocámara para as rías galegas consuma un proceso cheo de polémica e críticas e que culmina nun documento que só ten en conta a opinión dunha minoría da misión enviada a Galicia.
O primeiro ano de Compromiso por Galicia
Xoán Bascuas, líder da formación galeguista, fai balance no primeiro aniversario do partido
A Eurocámara consuma un informe "farsa" sobre as rías galegas
Aproba un documento benévolo coas administracións sen o acordo de dous dos tres eurodeputados que viaxaron a Galicia e que se negaron a votar e a asinar un texto que cren que "non reflicte a realidade", senón unha "opinión minoritaria" imposta polas presións do PP.
'A Radio Conta', a unión da radio local nun proxecto histórico
Todas as emisoras da Coruña emitirán conxuntamente un programa nunha iniciativa única e pioneira na historia da radio no Estado e co obxectivo de recadar fondos para unha asociación benéfica.
“España é un Estado antidemocrático no ámbito informático, pero noutros moitos tamén”
Richard Stallman, fundador do movemento do software libre, vén de visitar Galicia para explicar a súa filosofía, coa que chama á "resistencia" contra a "censura" e a "falta de democracia" en Internet e que enmarca nunha loita entre "os ricos e os que non o son".
"Comprobar en Estremadura o uso masivo da fala é ideal contra o autoodio dos galegos"
Xosé Henrique Costas vén de presentar 'O Valego. As falas de orixe galega do Val do Ellas', unha obra resultado dos seus vinte anos de estudo da lingua de orixe galega que continúa viva desde a Idade Media.
Coca-Cola pon a súa planta galega no punto de mira e ameaza co seu peche
A factoría de Begano na Coruña, con 360 traballadores, sería unha das catro que cerraría a multinacional, que prevé atender desde Madrid o mercado galego. O comité agarda novas pero recoñece o "temor" ante o duro plan de axuste.
O apoio á querela contra o franquismo chega aos concellos
A CRMH da Coruña convida os grupos municipais da comarca a que presenten mocións para que os municipios apoien o proceso xudicial aberto en Arxentina contra a ditadura fascista. A iniciativa prevé estenderse ao resto de Galicia.