A querela contra o franquismo que comezou en Galicia
Arxentina pide a detención de catro torturadores e abre os consulados para recoller máis denuncias contra a ditadura mentres o Estado segue a poñer atrancos. Darío Rivas, fillo do alcalde de Castro de Rei asasinado, comezou hai máis de tres anos a causa que pretende acabar coa impunidade fascista.
Pemex atrasa a licitación dos floteis que Feijóo prometera para hai medio ano
A petroleira adía de novo a licitación dos buques, que será finalmente en novembro, e por cuxos contratos agardan Barreras e Navantia. A Xunta anunciara o inicio dos traballos para o primeiro trimestre de 2013.
Castela e León recorta en educación suprimindo clases de galego no Bierzo
A Junta elimina as materias optativas de lingua galega en Bacharelato nun instituto de Cacabelos un día antes de iniciarse o curso e con todos os alumnos matriculados. A medida impide aos rapaces obter o Celga III.
Preparando a sociedade para unha Galicia pospetróleo
Véspera de Nada presenta a Guía para o descenso enerxético, unha obra colectiva que prepara a sociedade galega para vivir sen petróleo e promove unha "mudanza desde a base" para "transformar o modelo enerxético e produtivo dominante" e que é inviable no futuro.
Os concellos galegos censuran que a reforma local "ignore a realidade de Galicia"
A Fegamp fai públicas as emendas presentadas ao proxecto do Goberno central, que ven "abocado ao fracaso" e ao que acusan de "virar ás costas ao municipalismo" e ao país por non ter en conta "as súas peculiaridades decisivas".
O "acoso" aos movementos sociais galegos que non se detén
Queremos Galego, Contraminacción ou a Plataforma polo Dereito ao Aborto únense á lista de colectivos multados nos últimos meses tras diversas mobilizacións, denuncian a campaña de "criminalización" e non descartan accións conxuntas.
Rey Varela: "Espero que coa reforma local acabe primando o sentido común"
O presidente da Fegamp e rexedor de Ferrol confía en que o trámite parlamentario corrixa un proxecto impulsado polo Goberno do PP que ten en contra a todos os alcaldes galegos.
E se a obra social das antigas caixas queda en nada?
O persoal da Fundación non se fía das promesas da Xunta e exixe ao FROB que garanta que o comprador de Novagalicia asumirá o mantemento da obra social. "Está tan metida en nós que non somos conscientes do que supón para os galegos perdela", explican.
"A loita contra a reforma local é a última que lle queda ao rural"
David Rodríguez, alcalde de Manzaneda, asegura que o proxecto do goberno "condena" os municipios rurais "a desaparecer" e confía en que o rexeitamento dos rexedores faga ao Goberno "recapacitar". "Se non gañamos, quedariamos abandonados", di.
"Os concellos xa estamos intervidos; coa reforma local, estarémolo aínda máis"
Severino Rodríguez, alcalde de Monforte, censura un proxecto que "converte en oficinas administrativas" os pequenos municipios. "O que Bruxelas fixo con España estao facendo agora o Estado cos concellos", explica.
Feijóo 'vende' como reactivacion da arbitraxe a opción dun pacto previo á sentenza xudicial
Asegura que Novagalicia activa a arbitraxe para os preferentistas no ámbito xudicial creando "protocolos" para lograr pactos antes dun ditame. Agaprofi lembra que esa posibilidade "obvia" xa existe desde hai tempo e pregúntase "que melloras" acadou a Xunta para os afectados.
Antón Ruanova: "O deporte en España acabarase en tres ou catro anos"
O recente subcampión de España de tríatlon denuncia a falta de apoio e exemplifica a situación de milleiros de deportistas sen medios que ollan ao tempo os esforzos por levar os Xogos a Madrid. "Calquera sabía que era imposible que llos desen", di.