As plataformas cidadás que agroman tamén fóra das cidades
Redondela, Sober, Vilagarcía, Pontedeume, Noia, Narón, Cabanas, Fene, Monforte ou Vilalba son algunhas das vilas que acollen procesos de confluencia para conformar candidaturas unitarias para as eleccións locais de 2015 e ao abeiro do manifesto inicial de Somos Maioría.
"Co 'non' do PP sentín rabia por todos os enfermos de cancro que apoian a proposta"
A galega Beatriz Figueroa acudiu ao Congreso para pedir maior protección social e laboral para as persoas que, coma ela, padecen cancro e a través dunha proposición de lei apoiada con 500.000 sinaturas que foi apoiada por todos os grupos agás o Partido Popular.
Romeu ve a Feijóo máis preocupado pola súa promoción persoal que por Galicia
O voceiro socialista lémbralle ao presidente da Xunta que "o paro, a pobreza e a desigualdade aumentan cada día" en Galicia e critícalle a súa "falta de credibilidade" tras fracasos en promesas como a carga de traballo para o naval ou o concurso eólico.
Beiras chama á "unidade de acción" e a "potenciar a marea cidadá" contra o PP
O voceiro de AGE insta as organizacións políticas a "achegar ideas e esforzo militante" a unha "rebelión cívica" contra as políticas da "dereita extrema" e cualifica de "tráxica" a situación dunha Galicia "agredida desde as institucións constituídas para a súa autodefensa".
Europa volve apañar moreas de reproches á política da Xunta co galego
O Colexio de Xornalistas, A Mesa ou o Foro Peinador, entre outras entidades, censuraron con dureza a situación do idioma propio ante o comité de expertos do Consello de Europa e trasladáronlle os numerosos incumprimentos que da Carta Europea fai a Xunta coa súa política lingüística.
A indefensión ante un novo Prestige (e a súa sentenza) case un ano despois
Varios expertos analizan nun seminario as eivas da polémica resolución xudicial sobre a catástrofe e a falta de cobertura legal para evitar un desastre semellante. "Quen di que o fuel se vai solidificar debería ser imputado; é un cooperador necesario", di un dos participantes.
Europa avalía a situación do galego obviando a visión dos técnicos de normalización
O comité de expertos do Consello de Europa reúnese este luns en Compostela con varias entidades para avaliar o cumprimento da Carta Europea das Linguas pero non convoca nin a Coordinadora de Traballadores de Normalización nin os equipos de normalización do ensino.
Máis de 112.000 parados galegos xa non cobran prestación
A taxa de cobertura volve descender en Galicia, sitúase no 57,5% e é cinco puntos inferior á de hai un ano. Tan só uns 56.600 desempregados perciben prestacións contributivas, mentres que hai máis de 67.000 que cobran subsidios ou rendas de inserción.
A cementeira Cosmos exixe 45.000 euros aos críticos co seu labor en Triacastela
Demanda o presidente da asociación O Iribio por "danos e prexuízos no seu honor" polos comentarios nas redes sociais sobre os seus polémicos traballos. É a última das varias demandas recibidas por veciños que loitan contra os danos no patrimonio cultural e paisaxístico da zona.
A Marea Atlántica alcanza a costa e presentarase ás eleccións municipais
A iniciativa cidadá anuncia que concorrerá aos comicios locais da Coruña e convoca un grande acto público para o vindeiro 17 de outubro, previo á gran Marea Viva de decembro, onde se avanzará xa no programa e na forma da candidatura.
"Non tería sentido unha consulta na que non participasen os partidarios do 'non"
Pere Tobaruela, escritor e coordinador da ANC en Galicia, advirte de que a sociedade catalá "seguirá manifestándose pacificamente" pase o que pase polo dereito a decidir e pide "sentido común" aos políticos e máis "madurez" a un Goberno central ao que reclama "diálogo".
As mareas cidadás buscarán unha estratexia común na Marea municipalista
A Marea Atlántica convoca as iniciativas "que procuran un proceso de confluencia liderado pola cidadanía" a un encontro na Coruña o vindeiro sábado 4 de outubro para "poñer en común metodoloxías" e "afrontar colectivamente os desafíos e preocupacións" de cara ás eleccións locais.